Kepa Junkera Urraza, nado en Bilbao o 10 de abril de 1965, é un músico e compositor vasco. Mestre da trikitixa, editou máis de vinte discos e en 2004 acadou o premio Grammy Latino ó Mellor Álbum Folk polo seu disco en directo K.
Colaboracións Junkera realizou unha ampla labor como docente en Musikene, o Centro Superior de Música do País Vasco, que tivo como resultado ETXAK (Euskadiko Txalaparta Konpania), un proxecto para impulsar a txalaparta (instrumento rítmico vasco de madeira).
Participou no disco Santiago (1996), dos irlandeses The Chieftains, que foi galardoado co Grammy ó mellor Álbum de Folk. Tamén colaborou en 1997 cunha orquestra sinfónica no Festival Folk de Getxo, que foi gravada e que permanece inédita, e mais coa Banda Municipal de Bilbao. Distincións
Premio Rebulir de Cultura Galega (2015).
Discografía Infernuko Auspoa - Kepa, Zabaleta eta Motriku - (1986) Triki Up - Kepa, Zabaleta eta Imanol - (1990) Trikitixa Zoom (1991) Trans-Europe Diatonique - Kepa Junkera, John Kirkpatrick e Riccardo Tesi - (1993) Kalejira Al-buk (1994) Lau Eskutara - Julio Pereira e Kepa Junkera - (1995) Leonen Orroak - Kepa Junkera e Ibon Koteron - (1996) Bilbao 00:00h (1998) Tricky! (2000) Maren (2001) K (2003) Athletic Bihotzez (2004) Hiri (2006) Etxea (2008) Provença Sessions (2009) Kalea (2009) Habana Sessions (2010) Beti Bizi (2010) Herria (2010) Ipar Haizea Kepa Junkera e a Orquestra Sinfónica de Euskadi (2011) Galiza (2013)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Músicos do País Vasco Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1965 Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira