Accra ou Acra é a capital de Ghana, e conta cunha poboación de 1 661 400 (2001) e preto de 2,9 millóns na área metropolitana. Está situada na costa do golfo de Guinea. É a maior cidade do país e o seu centro administrativo, de comunicacións e econômico. As industrias principais son as de alimentos, madeira, téxtil, roupas e produtos químicos.
Historia e características A súa orixe remonta a un forte portugués que aquí existiu entre 1557 e 1578. Acra desenvolveuse en torno de fortes británicos e holandeses construídos no século XVII, e baixo a súa protección estableceuse a etnia Ga. En 1877, Acra pasou a ser capital da Costa do Ouro británica. Após a conclusión dun ferrocarril para o interior mineiro e agrícola, Accra tornouse o centro económico de Ghana.
Accra é sede do museo nacional, a Academia de Artes e Ciencias de Ghana, da Universidade de Ghana, e da biblioteca central. Tamén digno de nota é o Forte de Christiansborg, construído por dinamarqueses no século XVII. Nos suburbios de Ghana fica a Achimota School, a principal escola secundaria do país. A Comisión de Defensa da Organización da Unidade Africana (OUA - actual UA, Unión Africana) ten a súa sede en Accra.
Notas
Categoría:Cidades de Ghana Categoría:Capitais de África