Un rabel é un instrumento similar ao violín, que consegue o seu son mediante a fricción dun arco contra as súas cordas.
Características dereita|miniatura|220px|O rei David na Fachada das Pratarías da Catedral de Santiago portando un rabel. É un instrumento de orixe árabe, moi popular na Idade Media entre trobadores e xograres. Consérvanse abondosas representacións deles entre a iconografía das igrexas románicas galegas, das que quizais sexa a máis antiga a do tímpano da igrexa chantadina de San Miguel do Monte.Tímpano da igrexa de San Miguel do Monte. Foi conservado como instrumento de pasatempo por pastores en moitas zonas da Península Ibérica, entre elas As Portelas e a Seabra, onde o seu uso aínda estaba vixente a finais do século XX. O rabel utilizábase en Galiza para o acompañamento dunha muiñeira, á que rematou por darlle nome, a rabela.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Rabel - Concerto didáctico Pablo Carpintero (2008) - UVigoTV
Categoría:Música tradicional galega
Categoría:Instrumentos de corda