Unha igrexa (do latín , e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.
Historia Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co crecemento do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a basílica romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha ábsida. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben grega ou latina (que acolle a máis fieis).
miniatura|Catedral de Santiago de Compostela.|centro
Arquitectura relixiosa Ábsida Altar Coro Nave Gárgola miniatura|Planta da catedral de Peterborough, do século XII, na que se ve a forma de cruz latina.|centro Véxase tamén Outros artigos
Abadía Basílica Catedral Capela Colexiata Casa reitoral Ermida
Mosteiro ou convento Templo Mesquita Sinagoga Parroquia Igrexa particular
Categoría:Igrexas