O nove (9) é o número natural que segue ao oito e precede ao dez.

O 9 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1 e 3. Como a suma dos seus factores é 4 < 9, trátase dun número defectivo.

O 9 é o cadrado de 3.

Un polígono de 9 lados recibe o nome de enneágono.

Características É o número atómico do flúor. O nove é considerado por algúns como a cifra do saber supremo que induce á Totalidade que é 10 (dez). É o triángulo ternario, é dicir, triplicidade do triplo, que simboliza os tres mundos. Nos ritos medicinais, considerábase o número por excelencia porque representaba a tripla síntese (corporal, intelectual e espiritual). O nove (九) é un número de mal agoiro na cultura xaponesa, pero de bo agoiro na cultura chinesa. Para os hebraicos o nove simboliza a verdade. É o número do eremita do Tarot (personaxe simbólico, portador do báculo, representante do grao supremo da iniciación). Como consecuencia considérase que o número 144 é moi favorable por sumar 1+4+4=9 A Cábala do 666, porque 6+6+6=18 -> 1+8= 9 O número nove é un número máxico para os satanistas.

Curiosa aritmética do número 9 Existe un fenómeno curioso coa aritmética do número nove, e é que para calquera número natural inicial que conteña un ou máis noves como unha(s) das cifras que o constitúen no sistema decimal, a suma das súas cifras tomadas como individuais (e desta, se é necesario simplificada ao engadir as cifras do número resultante da mesma forma) dará un resultado idéntico á adición das mesmas cifras se o número nove non estiver presente no número natural inicial.

Isto significa que dado un número natural calquera que conteña un 9, por exemplo: 19 a suma das cifras como díxitos será idéntica á do mesmo número sen o nove presente así que: 19 → 1 + 9 = 10 → 1 + 0 = 1 1 = 1

De igual forma, se o número contén máis noves: 499 → 4 + 9 + 9 = 22 → 2 + 2 = 4 4 = 4

Outro exemplo: No número natural 123 456 789, a suma das cifras constituíntes engadidas individualmente será idéntica á suma dos díxitos no número 12 345 678: porque 1 + 2 + 3+ … + 8 + 9 = 45 → 4 + 5 = 9 , que dá o mesmo resultado que 1 + 2 + 3+ … + 7 + 8 = 36 → 3 + 6 = 9

Máis exemplos: 9 + 9 + 9 + 9 = 36 → 3 + 6 = 9 9 + 9 + 9 = 27 → 2 +7 = 9 42979 → 4 + 2 + 9 + 7 + 9 = 31 → 3 + 1 = 4

O número 9 na cultura popular galega

Colocar a terra procedente de nove toupeiras, cun pouco de unto e rezando certos ensalmos, cura as necroses provocadas polo fogardente (ergotismo).

Véxase tamén

Ligazóns externas Curiosidades sobre o número 9

Categoría:Números enteiros