250px|dereita|miniatura|Comunicación naval O código internacional de navegación marítima utiliza bandeiras para transmitir mensaxes, ora entre dous ou máis barcos, ora entre un barco e a terra ou o porto. Existen bandeiras de diferentes formas e cores, de maneira que cada unha representa unha letra do alfabeto internacional, así como os números do 1 ao 0.

Cando un barco necesita transmitir unha mensaxe consistente en unha ou varias palabras ou números, iza no mastro dianteiro as bandeiras que representan as letras e números da mensaxe, aliñadas de arriba para abaixo. Se a mensaxe é máis longa, repetirase a operación con novas bandeiras.

Tamén se utilizan as bandeiras individualmente ou en combinacións de dúas, e neste caso teñen un significado determinado segundo un código internacionalmente vixente.

Desde que existe a radio, o uso das bandeiras de sinais para transmitir mensaxes diminuíu notabelmente. No entanto, séguense utilizando de forma xeneralizada as bandeiras individuais ou en combinacións de dúas ou máis, para sinalizar un aviso determinado. Deste xeito na Armada española segue a existir a figura do sinaleiro, que realiza os seus labores en contacto directo coa ponte de mando do navío. Determinadas sinalizacións son neste corpo de obrigado cumprimento, como por exemplo o aviso de práctico a bordo.

Tamén acostuman ser usadas para engalanar ao navío na celebración de actos festivos. Nese suposto as bandeiras adoitan ser izadas desde a proa ata a popa.

Letras e bandeiras LetraCódigo NATOBandeiraSignificado A Alfa 50px Teño un mergullador na auga; consérvese afastado e a pouca velocidade. B Bravo 50px Carga, descarga ou transporte de carga perigosa. C Charlie 50px Si (Afirmativo). D Delta 50px Mantéñase afastado, estou a manobrar con dificultade. E Echo 50px Estou virando para estribor. F Foxtrot 50px Estou con avaría; comunique comigo. G Golf 50px Necesito dun piloto. H Hotel 50px Teño piloto (práctico) a bordo. I India 50px Estou virando para babor. J Juliet 50px Estou con incendio a bordo: mantéñase afastado. K Kilo 50px Desexo comunicarme con vostede. L Lima 50px Vostede debe parar a súa embarcación inmediatamente. M Mike 50px O meu navio está parado. N November 50px Non (Negativo). O Oscar 50px Home ao mar. P Papa 50px No porto: todas as persoas deben regresar a bordo pois o navio vai largar. No mar: pode ser usado por embarcacións de pesca para dicir: "As miñas redes poden obstruílo". Q Quebec 50px Pido libre práctica (licenza para entrar en porto). R Romeo 50px Sen significado (na Mariña Portuguesa esta bandeira poderá significar que o navio está en misión de busca e salvamento (SAR - Search And Rescue), en misión de fiscalización ou a efectuar operacións de reabastecemento no mar). S Sierra 50px Estou dando marcha atrás. T Tango 50px Barcos de pesca: estou pescando ao arrastre en parella. Mantéñase afastado. U Uniform 50px Vai vostede en dirección a un perigo. V Victor 50px Necesito auxilio. W Whiskey 50px Pido asistencia médica. X Xray 50px Pare as súas manobras. Y Yankee 50px Estou manobrando para atrás para fixar a áncora. Z Zulu 50px Necesito un remolcador.

Combinacións

As letras poderán ser combinadas adquirindo outros significados. Exemplo dalgúns sinais de dúas letras e o seu significado:

AC - Estou a abandonar o meu navio AN - Preciso dun médico BR - Necesito un helicóptero CD - Pido asistencia inmediata DV - Estou á deriva EF - O SOS/Mayday encontrase cancelado FA - Pode fornecerme a miña posición? GW - Home ao mar. Efectúe a súa recollida JL - Corre o risco de encallar NC - Estou en perigo e pido asistencia inmediata PD - As súas luces de navegación non son visíbeis PP - Manteñase bastante afastado de min QD - Estou a desprazarme para vante QT - Estou a desprazarme para atrás QU - Fondear non está permitido QX - Solicito autorización para fondear RU - Mantéñase afastado de min. Estou a manobrar con dificultade SO - Debe parar o seu navio inmediatamente UM - O porto está fechado ao tráfego marítimo UP - Solicito autorización para entrar no porto con urxencia. Encóntrome en dificultades YU - Vou comunicar coa súa estación a través do Código Internacional de Sinais ZL - O seu sinal foi recibido mais non comprendido

Números 100px 1 100px 2 100px 3 100px 4 100px 5 100px 6 100px 7 100px 8 100px 9 100px 0 Véxase tamén

Ligazóns externas Historia dos sinais navais Bandeiras e os seus significados Bandeiras náuticas

Categoría:Navegación