dereita|miniatura|100px|Un típico potenciómetro dunha volta. dereita|miniatura|80px|Símbolo esquemático dun potenciómetro. Un potenciómetro é un compoñente electrónico que posúe resistencia eléctrica axustábel. Xeralmente, é un resistor de tres terminais onde a conexión central é deslizante e manipulábel. Se os tres terminais son usados, actúa como un divisor de tensión.

Construción Existen dous tipos de potenciómetros: Potenciómetros impresos, realizados cunha pista de carbón ou de cermet sobre un soporte duro como papel baquelizado, fibra, alumina etc. A pista ten contactos nos seus extremos e un cursor conectado a un patín que se desliza pola pista resistiva. Potenciómetros bobinados. Consisten nun enrolamento toroidal dun fío resistivo (por exemplo, constantán) cun cursor que move un patín sobre o mesmo.

Tipos miniatura|Potenciómetros rotatorios multivolta utilizados en electrónica. Estes potenciómetros permiten un mellor axuste que os rotatorios normais. miniatura|Potenciómetros deslizantes. Segundo a súa aplicación distínguense: Potenciómetros de mando. Son adecuados para uso como elemento de control nos aparatos electrónicos. O usuario acciona sobre eles para variar os parámetros normais de funcionamento. Por exemplo, o volume dunha radio. Potenciómetros de axuste. Controlan parámetros preaxustados, normalmente en fábrica, que o usuario non adoita ter que retocar, polo que non son normalmente accesíbeis desde o exterior. Existen tanto encapsulados en plástico como sen cápsula.

Os potenciómetros utilizados en aplicacións que requiren disipación de grandes potencias ou funcionamento a tensións ou correntes elevadas chámanse reóstatos.

Véxase tamén

Ligazóns externas Beginners' Guide to Potentiometers Potentiometer as a voltage divider

Categoría:Electricidade Categoría:Electrónica