thumb|300px|Hemisferio Oriental a inicios do século I a. C. thumb|300px|Hemisferio Oriental a finais do século I a. C. O século I a. C. é o período de tempo que abrangue dende o 1 de xaneiro do ano 100 a. C. ata o 31 de decembro do ano 1 a. C.
Acontecementos importantes
Durante o transcurso do século, todas as terras independentes circundantes ao mar Mediterráneo que foron tomadas baixo o control de Roma, son dirixidas ou directamente por gobernadores romanos, ou a través de reis marioneta nomeados por Roma. O Estado romano entrou en tempos de crúas guerras civís, que acabaron coa disolución da Antiga república romana, tras máis de 500 anos de existencia, e o paso a unha concentración de todo o poder do Estado nun só home, o Emperador, orixinándose así o Imperio Romano.
A turbulencia interna que arrasou Roma neste tempo pode ser vista como as últimas convulsións antes da final morte da Antiga república romana, que finalmente tomou o camiño do goberno autocrático de homes poderosos como Xulio César, Marco Antonio e Octavio. A finais deste século pénsase que naceu Xesús de Nazaret, a figura central do Cristianismo.
Ciencia e Tecnoloxía
As manchas solares son rexistradas por primeira vez polos chineses. Fabrícase o mecanismo de Anticitera. Os romanos constrúen a primeira cúpula. Invéntase o vidro soprado na Siria romana.
Guerras e Política
Lucio Licinio Lúculo invade Armenia, poñendo fin ás centenarias guerras entre persas e romanos (92 a. C.). Lucio Cornelio Sila é nomeado ditador do Estado romano (81 a. C.). Unha rebelión de escravos liderada polo gladiador escapado Espártaco conduce á Terceira Guerra Servil. (73 a. C.). Cneo Pompeio Magno captura Xerusalén, e establece a anexión a Roma de Xudea (63 a. C.).
Personaxes destacadas
Xulio César. Cneo Pompeio Magno. Marco Licinio Craso. Marco Tulio Cicerón. Lucio Cornelio Sila. Xesús de Nazaret (nacido a finais de século, posiblemente entre os anos 4 a. C. e 7 a. C.).
Categoría:Século -I