dereita|230px|miniatura|Porta dunha igrexa en Coles, Cambeo. A pedra que atravesa a porta por riba é o lintel, as pedras dos lados da porta forman as xambas.
Denomínase xamba (do francés jambe 'perna', tomado da forma camba do latín vulgar) ou machetaDenominación en galego en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 a cada unha das dúas pezas labradas que, postas verticalmente nos dous lados das portas o fiestras, sosteñen o lintel ou o arco que os cobreDefinición en Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004. Tanto se o muro da casa é de cachotería coma de cantaría as xambas adoitan ser pezas de perpiaño.
Outros sinónimos en galego son: agulla, pé dereito, mocheta, tranqueiro e ucheira.
Denomínase xambaxe ao conxunto formado polas xambas e o lintel dunha porta ou ventá. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lintel
Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Fiestras