dereita|miniatura|200px|Campo vectorial definido por (−y, x) O cálculo vectorial é un campo das matemáticas referidas ao cálculo con vectores, elementos dun espazo vectorial. Consiste nunha serie de fórmulas e técnicas para solucionar problemas moi útiles para a enxeñería e a física.
Unha das aplicacións fundamentais do cálculo vectorial é o estudo de campos, tanto escalares como vectoriais. Un campo escalar é aquel en que a cada punto se lle asocia un valor que non ten dirección (por exemplo a temperatura nun punto ou a presión). Nun campo vectorial, pola contra, a cada punto asóciaselle un vector (como a velocidade ou unha forza) moitas cantidades útiles exprésanse utilizando o operador nabla(): Operación Notación Descrición Dominio/Rango Gradiente Mide a dirección e a variación dun campo escalar. Escalar->Vector. Rotacional Mide a rotación do campo arredor dun punto (variación tanxencial). Vector->Vector. Diverxencia Mide o carácter de fonte ou sumidoiro dun punto (variación normal). Vector->Escalar. Laplaciano Diverxencia do gradiente. Escalar->Escalar.
Véxase tamén Outros artigos Cálculo multivariábel
Categoría:Álxebra