Para o municipio chamado Weimar, véxase Weimar, Lahn. Para a cidade de Texas, véxase Weimar, Texas.

Weimar é unha cidade de Alemaña. Está situada a beiras do río Ilm e ao pé da montaña Ettersberg, no Bundesland de Turinxia (alemán Thüringen). A súa poboación actual é de 64.594 habitantes (31 de decembro de 2005), o cal convértea na cuarta cidade máis grande de Turinxia, logo de Erfurt, Gera e Jena. Ademais, é unha das poucas cidades grandes deste estado, cuxa poboación aumenta anualmente. O rexistro máis antigo da cidade data do ano 899.

Weimar é un dos lugares con maior riqueza cultural de Europa, xa que foi fogar de grandes personaxes como o pintor Lucas Cranach o Vello, o reformador Martiño Lutero, o compositor Johann Sebastian Bach, os escritores Johann Wolfgang von Goethe, Friedrich Schiller e Christoph Martin Wieland, os filósofos Johann Gottfried von Herder, Friedrich Wilhelm Nietzsche e Arthur Schopenhauer, o músico Franz Liszt e os fundadores da escola de deseño, arte e arquitectura Bauhaus.

Foi un lugar de peregrinación para a intelectualidade alemá, desde que Goethe se trasladou por primeira vez á cidade a finais do século XVIII. Na cidade pódense atopar as tumbas de Goethe, Schiller, e Nietzsche, así como o Arquivo de Goethe e Schiller, o Arquivo Estatal de Turinxia, o Arquivo Musical de Turinxia e a Biblioteca da princesa Anna Amalia.

Durante o período da Historia de Alemaña de 1919-1933 fálase da República de Weimar, pola constitución da República, que foi redactada na cidade, mentres que a capital, Berlín, cos seus disturbios rueiros logo da revolución de 1918, foi considerada demasiado perigosa para convocar á Asemblea Nacional constituínte.

Weimar foi o centro do movemento Bauhaus e actualmente ten diversas galerías de arte, museos, o Teatro Nacional Alemán, e dous institutos de educación superior: a Universidade Bauhaus e a Escola Superior de Música Franz Liszt. Durante a segunda guerra mundial, houbo un campo de concentración ao noroeste da cidade, en Buchenwald, un pequeno bosque ao que Goethe gustáballe frecuentar. Con todo, a diferenza de moitas outras cidades alemás, Weimar non sufriu demasiados danos durante esta guerra, polo que o seu centro antigo consérvase no seu maior parte.

A parte clásica de Weimar é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1998. Igualmente, a cidade foi seleccionada Capital Europea da Cultura en 1999.

Cidades irmandadas Hämeenlinna (Finlandia) - 6 de setembro do ano 1970. Trier ou Tréveris (Alemaña) - 24 de maio do ano 1987. Siena ou Sena (Italia) - 15 de abril do ano 1994. Blois (Francia) - 19 de febreiro do ano 1995.

Véxase tamén

Outros artigos República de Weimar

Ligazóns externas Páxina oficial (en alemán) Páxina oficial (en inglés) Galerías de arte en Weimar (en inglés) Museo Ginkgo, Weimar (en inglés)

Categoría:Cidades de Turinxia Categoría:Capitais europeas da cultura Categoría:Patrimonio da Humanidade en Alemaña