Adamstown, é a capital e única poboación da illa de Pitcairn. Debe ao seu nome a John Adams, o último mariñeiro amotinado do Bounty en morrer. A economía da localidade depende da agricultura, pesca, venda de selos de correos e do turismo.

Visión xeral Adamstown ten unha poboación de 50 habitantes, que é toda a poboación das Illas Pitcairn. Todas as outras illas do grupo están deshabitadas. Adamstown é onde residen a maioría, mentres cultivan comida noutras zonas da illa.www.lareau.org/pitc.html

A aldea é a segunda capital máis pequena do mundo. Ten acceso a televisión, Internet por satélite, e un teléfono; con todo, o principal medio de comunicación segue sendo a radio en onda curta. Segundo Google Maps, a única rúa con nome na capital chámase "The Hill of Difficulty" (O outeiro da dificultade).

A maioría dos habitantes son membros da Igrexa Adventista do Sétimo Día.

Historia

A historia das Illas Pitcairn comeza co asentamento das illas por polinesios no século XI. Os polinesios estableceron unha cultura que floreceu durante catro séculos e logo desapareceu. Pitcairn repobouse de novo en 1790 por un grupo de amotinados británicos de HMS Bounty e Tahitíanos.

Xeografía

O asentamento está situado no lado centro-norte da illa de Pitcairn, fronte ao océano Pacífico e preto da baía de Bounty, o único porto marítimo da illa.

Clima Adamstown ten un clima de selva tropical no sistema Clasificación climática de Köppen. A aldea presenta unha media de clima húmido e cálido e 1.700 mm de choiva ao ano. O mes máis húmido é xullo e as temperaturas non varían significativamente ao longo do ano.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Adamstown en Travellerspoint.com

Categoría:Cidades de Oceanía Categoría:Illas Pitcairn Categoría:Capitais de Oceanía