San Pedro das Goás é unha parroquia do concello de Abadín. Segundo datos do IGE, en 2023 tiña 84 habitantes (40 homes e 44 mulleres), repartidos en 7 entidades de poboación. Iso supón unha diminución da súa poboación respecto a 2014 cando tiña 104 habitantes, sendo 53 homes e 51 mulleres.
As entidades son Butarreira (25), A Casanova (13), Gaúte (8), Leiras (11), Pumariño (22), Os Vidás (5) e O Vilar (despoboado). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é A Costa.
Xeografía Ten unha superficie de 4,15 km², cunha densidade media de 8,12 hab/km² no 2023. Limita ao norte coas parroquias de Abadín e Candia, ao sur con Baroncelle e Abeledo, ao leste con Cabaneiro e ao oeste con Aldixe. Formou parte da desaparecida xurisdición da Costa do Monte sobre a que exercía o seu señorío o bispo de Mondoñedo entre outros.
Os cumios máis altos son Abelleira (617 m), Goás (604 m) e Meixón (474 m).
Patrimonio No lugar de Gaute hai unha igrexa construída no século XVI, sufrindo importantes reformas posteriores. A nave, de planta rectangular con capela maior e sancristía arrimada á cabeceira, está cuberta de lousa a dúas augas, e a catro augas no presbiterio. A fachada ten un arco alintelado e outro de descarga feito de lastras, coa curiosa espadana con dous vans no primeiro corpo e un no segundo, a que se accede por unha escaleira exterior situada no muro norte. No interior destacan as rústicas pinturas de cortinaxes vermellos no presbiterio, arco triunfal de forma carpanel, dúas laudas sepulcrales no chan da capela maior, retablo maior neoclásico do século XIX e retablos laterais barrocos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares das Goás
Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín
Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro