San Xoán de Seivane de Vilarente é unha parroquia do concello de Abadín, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE no ano 2004 tiña 240 habitantes, distribuídos en 8 entidades de poboación e 19 lugares, cunha densidade media de 45,3 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 207 habitantes, sendo 102 homes e 105 mulleres.

A poboación distribuíase do seguinte xeito: Cabanela (26), Cabaza (22), Fabega (9), A Pedrosa (36), O Rego das Pedras (12), Rieiro (34), A Touceira (27) e Vilaseñor (41).

Xentilicio O seu xentilicio é vilarentino.

Xeografía Ten unha superficie de 5,3 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle e Vilarente (as tres do concello de Abadín) e de San Martiño de Corvelle (concello de Pastoriza). Pertence ao arciprestado de Baroncelle. Entre os seus cumios destacan o Porto das Égoas (631 m) e Argán (585 m).

Patrimonio Esta parroquia, o igual que as adxacentes é rica en cruceiros.

Lugares e parroquias Lugares de Seivane de Vilarente

Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán