O 7 de setembro é o 250º día do ano do calendario gregoriano e o 251º nos anos bisestos. Quedan 115 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1191 - na actual Israel as forzas de Ricardo I de Inglaterra vencen ás tropas de Saladino na batalla de Arsuf. 1822 - Pedro I declara o Brasil independente de Portugal 1885 - Día no que en principio ía morrer Doc en Retorno ao futuro 3, segundo se vías na lápida que Marty atopa ao comezo do filme. 1912 - Xógase a maior parte da final da copa Concurso España, entre Deportivo e Vigo, que remataría ao día seguinte co primeiro título oficial do único equipo galego de fútbol con títulos.

Nacementos miniatura|100px|Elia Kazan. 1533 - Isabel I, raíña de Inglaterra e de Irlanda (m. 1603). 1707 - Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, naturalista, matemático, cosmólogo e escritor francés (m. 1788). 1791 - Giuseppe Gioachino Belli, poeta italiano en lingua romanesca (m. 1863). 1829 - August Kekulé, químico orgánico alemán, descubridor da estrutura do benceno (m. 1896). 1832 - Emilio Castelar, político e escritor español (m. 1899). 1870 - Alexander Kuprin, escritor ruso (m. 1938). 1880 - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (m. 1939). 1909 - Elia Kazan, director de cine estadounidense, de orixe grega (m. 2003). 1914 - James Van Allen, físico estadounidense (m. 2006). 1917 - Xerardo Fernández Albor, médico e político galego, presidente da Xunta de Galicia de 1982 a 1987 (m. 2018). 1930 - Balduíno I, rei de Bélxica (m. 1993). 1936 - Buddy Holly, músico pioneiro do rock and roll e cantante estadounidense (m. 1959). 1940 - Dario Argento, director, produtor e guionista de cine italiano. 1941 - César Cunqueiro, escritor galego. 1955 - Xosé Manuel Olveira "Pico", actor galego (m. 2013). 1972 - Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz galega.

Mortes miniatura|100px|Karen Blixen. 1312 - Fernando IV, rei de León e Castela (n. 1285). 1566 - Suleimán o Magnífico, sultán do Imperio Otomán (n. 1494). 1644 - Guido Bentivoglio, cardeal e diplomático italiano (n. 1579). 1940 - Aurelio Ribalta, escritor e xornalista galego (n. 1864). 1936 - Rosendo Vila Fernández, político galego, alcalde de Monforte de Lemos (n. 1886). 1961 - Pieter Sjoerds Gerbrandy, avogado e político neerlandés (n. 1885). 1962 - Karen Blixen (coñecida como Isak Dinesen), escritora dinamarquesa (n. 1885). 1962 - José Clemente Orozco, muralista e litógrafo mexicano (n. 1883). 1978 - Keith Moon, músico Inglés, batería do grupo The Who (n. 1946). 1980 - José Ortiz Echagüe, enxeñeiro militar, piloto de aviación, presidente da SEAT e fotógrafo español (n. 1886). 1981 - Laureano Santiso Girón, avogado, xornalista e político galego (n. 1899). 1984 - Yosyf Slipyi, eclesiástico grecocatólico, Arcebispo Maior de Lviv (n. 1892). 1985 - George Pólya, matemático húngaro (n. 1887). 1991 - Edwin Mattison McMillan, químico e profesor universitario estadounidense, Premio Nobel de Química en 1951 (n. 1907). 1994 - Terence Young, cineasta británico (n. 1915). 1997 - Mobutu Sese Seko, presidente de Zaire (n. 1930). 2009 - José Manuel Pita Andrade, historiador da arte, catedrático de universidade e museógrafo galego, (n. 1915). 2010 - Joaquín Soler Serrano, locutor de radio e xornalista español (n. 1919). 2015 - José María Ruiz-Mateos, empresario español, fundador de Rumasa (n. 1931).

Festas e celebracións Santoral: Santa Rexina

Outros O grupo Mecano ten unha canción titulada así: El siete de setiembre letras.com .

Os 366 días do ano

Notas

07