O 31 de agosto é o 243º día do ano do calendario gregoriano e o 244º nos anos bisestos. Quedan 122 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1056 - En Constantinopla, a emperatriz bizantina Teodora Porfiroxénita (75) morre repentinamente sen deixar herdeiro. Finaliza a dinastía macedónica. 1923 - Aparece en Monforte de Lemos o xornal Alborada. 1928 - Turquía acorda adoptar o alfabeto latino e abandonar o árabe. 1936 - Fusilados no Campo da Rata os republicanos coruñeses Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez. 1957 - Malaisia obtén a independencia de Gran Bretaña. 1961 - España retira as súas derradeiras tropas de Marrocos. 1962 - Trinidad e Tobago tórnase independente. 1991 - Kirguizistán declara a súa independencia da Unión Soviética.

Nacementos miniatura|100px|Maria Montessori. miniatura|100px|Debbie Gibson. 12 - Calígula, emperador romano (m. 41). 161 - Cómodo, emperador romano (m. 192). 1786 - Michel Eugène Chevreul, químico francés (m. 1889). 1821 - Hermann von Helmholtz, médico e físico alemán (m. 1894). 1842- Mary Corinna Putnam, médica e sufraxista (m. 1906) 1928 - James Coburn, actor estadounidense (m. 2002). 1870 - Maria Montessori, educadora, científica e feminista italiana (m. 1952). 1874 - Juan Rof Codina, impulsor da veterinaria en Galicia (m. 1967). 1887 - Zenobia Camprubí Aymar, escritora e lingüista española (m. 1956). 1936 - Otelo Saraiva de Carvalho, xeneral e político portugués (m. 2021). 1945 - Van Morrison, cantante e compositor irlandés. 1948 - Holger Osieck, adestrador de fútbol alemán. 1949 - Richard Gere, actor estadounidense. 1949 - H. David Politzer, físico estadounidense. 1954 - Robert Kotcharian, político armenio. 1956 - Tsai Ing-wen, política taiwanesa. 1961 - Francisco Jorquera, político galego. 1970 - Rania Al Abdullah, raíña de Xordania. 1970 - Debbie Gibson, cantante e actriz Estadounidensa. 1970 - Nikola Gruevski, político macedonio. 1972 - Chris Tucker, actor estadounidense. 1977 - Jeff Hardy, loitador estadounidense. 1982 - Roi Vidal, músico, dramaturgo e poeta galego. 1982 - José Manuel Reina, futbolista español.

Mortes miniatura|100px|Celso Emilio Ferreiro. 1158 - Sancho III de Castela. 1422 - Henrique V de Inglaterra, rei inglés (n. 1386). 1724 - Lois I, rei de España. 1811 - Louis Antoine de Bougainville, explorador francês (n. 1729). 1814 - Arthur Phillip, gobernador de Nova Gales do Sur e fundador de Sidney. 1864 - Ferdinand Lassalle, avogado e político socialista alemán. 1867 - Charles Baudelaire, escritor francés. 1936 - Alfredo Suárez Ferrín, industrial e político galego (n. 1891). 1936 - Joaquín Martín Martínez, xornalista e político galego (n. 1878). 1936 - Ramón Maseda Reinante, político galego (n. 1880). 1945 - Stefan Banach, matemático polaco (n. 1892). 1963 - Georges Braque, pintor e escultor francés (n. 1882). 1973 - John Ford, cineasta norteamericano (n. 1894). 1979 - Celso Emilio Ferreiro, escritor galego (n. 1912). 1983 - Isidoro Millán Mariño, avogado, político e xornalista galego (n. 1890). 1986 - Henry Moore, escultor británico (n. 1898). 1997 - Diana de Gales, morre en accidente de automóbil en París. 2002 - George Porter, químico inglés (n. 1920). 2010 - Laurent Fignon, ciclista francés (n. 1960).

Festas e celebracións Día Internacional das Persoas Afrodescendentes. Día IntInternacional dasernacional da Solidariedade Día Internacional dos Desaparecidos Día Internacional do Blog

Outros Santoral: San Ramón Nonato

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Agosto