Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais. Debido a isto asinou con Def Jam Recordings despois dunha audición co seu presidente, produtor e rapeiro Jay-Z. Tanto o seu primeiro álbum Music of the Sun (2005) como o seguinte A Girl Like Me (2006) acadaron o top 10 nas listas musicais de Billboard 200.

Traxectoria Rihanna comezou a súa carreira musical no ano 2005 co disco "Music Of The Sun". A súa música ten influencias Pop, R&B, Reggae, Dancehall, e Dance. Fíxose coñecida arredor do mundo grazas a éxitos como "S.O.S. (Rescue Me)", e especialmente, "Umbrella", que a levou ao estrelato intenacional no ano 2007. Dende ese momento a súa carreira non deixou de medrar, tendo acadado actualmente un dos máis prestixiosos postos no panorama musical e social do momento (posúe a conta de Facebook co número máis alto de seguidores, a súa conta de Instagram tamén é a máis seguida, e Skype outorgoulle o recoñecemento de ser a artista feminina máis escoitada na plataforma ao redor do mundo ). Actualmente reside en San Diego (California).

Cine Pasou pola gran pantalla en contadas ocasións. O seu papel máis remunerado foi o de Cora Raikes en "Battleship", co que foi premiada co Teen Choice Awards á actriz revelación. Tamén fixo un cameo na película de James Franco, "This is the end", e porá voz á co-protagonista do filme de animación "Happy Smekday!".

Outros Rihanna actualmente é un dos personaxes máis famosos internacionalmente. Á parte da súa traxectoria musical, Rihanna é coñecida pola súa actividade en Internet, medio no que expresa a súa ideoloxía tanto política coma persoal. Este instrumento foi un dos máis favorecedores no crecemento da súa fama por acontecementos coma o dos maltratos sufridos no ano 2009 de mans da súa parella do momento, Chris Brown, co que volveu en 2012 por un curto período de tempo, ou o escándalo que provocaron as fotos íntimas da artista que se divulgaron na rede.

Amais disto, Rihanna é defensora da legalización da marihuana, modelo (para revistas como Vogue ou The Rolling Stone, ou firmas de moda como Armani), deseñadora de moda (fai coleccións para a firma de moda americana River Island ou para a marca deportiva Puma) e de perfumes (ten tres no mercado).

Discografía Álbums de estudio 2005: Music Of The Sun 2006: A Girl Like Me 2007: Good Girl Gone Bad 2009: Rated R 2010: Loud 2011: Talk That Talk 2012: Unapologetic 2016: Anti

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial de Rihanna FanSite de Rihanna

Categoría:Cantantes de Barbados Categoría:Nados en Barbados Categoría:Nados en 1988 Categoría:Barbadenses de ascendencia irlandesa