O 11 de febreiro é o 42º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 323 días para finalizar o ano, 324 nos anos bisestos.
Acontecementos 55 - En Roma, morre envelenado Británico, herdeiro do Imperio romano, un día antes de cumprir 14 anos de idade, deixando a vía libre ao seu medio irmán Nerón, de 17 anos, para converterse no novo emperador. 1873 - Proclámase a Primeira República Española. 1979 - Revolución islámica no Irán: o Aiatolá Khomeini chega ao poder. 1990 - Nelson Mandela é liberado da prisión en Suráfrica. 2013 - O papa Bieito XVI anuncia que o 28 do mesmo mes abandonará as súas funcións, dando paso á convocatoria dun conclave para a elección dun novo pontífice.
Nacementos miniatura|100px|Thomas Alva Edison. 1567 - Honoré d'Urfé, escritor francés (m. 1625). 1800 - William Henry Fox Talbot, fotógrafo e inventor británico (m. 1877). 1821 - Auguste Mariette, exiptólogo francés (m. 1881). 1834 - Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (m. 1885). 1841 - José Antonio Parga Sanjurjo, avogado, xuíz e escritor galego (m. 1919). 1847 - Thomas Alva Edison, inventor e empresario estadounidense (m. 1931). 1863 - Manuel Lugrís Freire, escritor e galeguista, Día das Letras Galegas de 2006 (m. 1940). 1885 - Wenceslao Fernández Flórez, xornalista e escritor galego (m. 1964). 1899 - Evaristo Correa Calderón, escritor e xornalista galego (m. 1986). 1900 - Hans-Georg Gadamer, filósofo alemán (m. 2002). 1902 - Arne Jacobsen, arquitecto e deseñador dinamarqués. (m. 1971). 1903 - Irène Némirovsky, escritora en lingua francesa (m. 1942). 1909 - Joseph L. Mankiewicz, director de cine estadounidense (m. 1993). 1910 - Xurxo Lorenzo Fernández, investigador e debuxante, irmán de Xaquín Lorenzo, Xocas. (m. 1934). 1913 - Santiago Álvarez, político comunista galego (m. 2002). 1915 - Xosé Castro Veiga, O Piloto, último maquis galego (m. 1965). 1934 - Mary Quant, creadora de moda británica. 1938 - Manuel Antonio Noriega, militar e político panameño. 1956 - María Xosé Agra Romero, profesora e investigadora galega. 1969 - Jennifer Aniston, actriz estadounidense. 1973 - Javier Veiga, actor galego.
Mortes miniatura|100px|Whitney Houston. 1650 - René Descartes, filósofo francés (n. 1596). 1795 - Carl Michael Bellman, poeta sueco (n. 1740). 1931 - Charles Algernon Parsons, enxeñeiro e inventor británico (n. 1854). 1960 - José Cao Moure, editor e escritor galego (n. 1880). 1962 - Indalecio Prieto, político socialista español (n. 1883). 1962 - José Couselo Bouzas, sacerdote e escritor galego (n. 1869). 1963 - Sylvia Plath, poeta e novelista norteamericana (n. 1932). 1968 - Pitirim Sorokin, sociólogo estadounidense de orixe rusa (n. 1889). 1978 - Harry Martinson, escritor sueco (n. 1904). 1986 - Frank Herbert, escritor estadounidense de ciencia ficción (n. 1920). 1994 - Paul Feyerabend, filósofo da ciencia austríaco (n. 1924). 2012 - Whitney Houston, cantante e actriz estadounidense (n. 1963). 2014 - Shirley Temple, actriz infantil estadounidense (n. 1928).
Festas e celebracións Día Mundial do Enfermo Día Mundial do Cambio Climático Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia Día Europeo do 112
Outros Santoral: Nosa Señora de Lourdes.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro