Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz do Castrodouro. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab./km².
A parroquia ten unha superficie de 3,44 km², e limita coas parroquias de Carballido e O Castrodouro, ademais dos concellos de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro.
Patrimonio Da aldea da Igrexa é o monumento máis rechamante desta parroquia; a igrexa parroquial de Santa María de Bacoi. O templo construíuse na primeira metade do século XVIII, ten unha planta de cruz latina, cruceiro con cúpula hexagonal sobre pendentes e sancristía detrás da cabeceira. Nas pendentes hai pinturas cos catro evanxelistas e na cúpula represéntase a Asunción da Virxe, todo do século XIX. A fachada é de cantería granítica, cun arco adintelado sobre a porta e espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
Lugares e parroquias Lugares de Bacoi
Parroquias de Alfoz do Castrodouro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Alfoz do Castrodouro
Categoría:Parroquias de Alfoz do Castrodouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María