Santa María do Reirado é unha parroquia do concello de Alfoz do Castrodouro. En 2004 tiña 64 habitantes, distribuídos en 4 entidades de poboación, cunha densidade de 237 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 51 habitantes, sendo 25 homes e 26 mulleres.

Pertence ao arciprestado de Ferreira. Trátase dunha continuación eclesiástica da parroquia de Santa María de Ferreira do Valadouro. Ten unha superficie de 0,27 km², e limita coas parroquias de Bacoi, Carballido, O Castrodouro, San Pedro de Mor e Lagoa, xunto co concello do Valadouro.

Hai numerosos cruceiros e cruces.

Lugares e parroquias Lugares do Reirado

Parroquias de Alfoz do Castrodouro

Categoría:Parroquias de Alfoz do Castrodouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas