O 9 de setembro é o 252º día do ano do calendario gregoriano e o 253º nos anos bisestos. Quedan 113 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1543: na vila de Stirling, (no centro de Escocia) María Estuardo, aos nove meses de vida, é oficialmente coroada «raíña dos escoceses». 1948: creada a República Popular Democrática de Corea. 1976: accidente ferroviario en Rande (Redondela)"El trágico accidente ferroviario de Rande", La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 .. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, se ben outras fontes sinalaron vinte mortos"Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo", El País, 10 de setembro de 1976 .. 1981: o Guernica, de Picasso, regresa a España tras 42 anos de exilio en Nova York. 1999: lanzouse o Sega Dreamcast en América do Norte. 2016: accidente ferroviario na estación do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrila e deixa tres mortos e máis de cen feridos.

Nacementos miniatura|100px|Lev Tolstoi. 1585 - Cardeal Richelieu, primeiro ministro do rei de Francia Lois XIII (m. 1642). 1737 - Luigi Galvani, médico, fisiólogo e físico italiano (m. 1798). 1828 - Lev Tolstoi, escritor e filósofo ruso (m. 1910). 1872 - Xesús San Luís Romero, escritor, dramaturgo e político galego (m. 1966). 1905 - Alfredo Gómez Ollero, militar e maquis galego (m. 1943). 1908 - Cesare Pavese, escritor e poeta italiano (m. 1950). 1918 - Oscar Luigi Scalfaro, presidente de Italia (m. 2012). 1922 - Hans Georg Dehmelt, físico estadounidense de orixe alemá, Premio Nobel de Física en 1989. 1926 - Emilio Álvarez Negreira, xornalista e poeta galego (m. 2002). 1931 - Xosé Luís Allué Andrade, científico, profesor e escritor galego. 1932 - Javier Tomeo, escritor e dramaturgo español (m. 2013). 1941 - Otis Redding, músico de soul estadounidense (m. 1967). 1949 - Susilo Bambang Yudhoyono, político e presidente da Indonesia. 1952 - Angela Cartwright, actriz británica. 1960 - Hugh Grant, actor británico. 1965 - MC Shan, rapeiro norteamericano. 1965 - Jesús Vázquez, modelo e presentador de televisión galego.

Mortes miniatura|100px|Mao Tse Tung. 1087 - Guillerme I, rei de Inglaterra (n. 1027). 1438 - Duarte I, rei de Portugal (n. 1391). 1898 - Stéphane Mallarmé, poeta francés (n. 1842). 1901 - Henri de Toulouse-Lautrec, pintor, impresor e ilustrador francés (n. 1864). 1923 - Hermes da Fonseca, militar e presidente do Brasil (n. 1855). 1976 - Mao Tse Tung ou Mao Zedong, dirixente do Partido Comunista Chinés e presidente da China (n. 1893). 1976 - Gumersindo Sánchez Guisande, médico e catedrático galego (n. 1894). 1981 - Jacques Lacan, psicanalista francés (n. 1901). 1984 - Yılmaz Güney, director de cine, guionista e escritor (n. 1937). 1990 - Nicola Abbagnano, filósofo existencialista italiano (n. 1901). 2003 - Edward Teller, físico estadounidense de orixe húngara (n. 1908). 2010 - Bent Larsen, xadrecista dinamarqués (n. 1935). 2014 - Montserrat Abelló, poeta e tradutora catalá (n. 1918).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santo Tomé de Vilanova.

Os 366 días do ano

Notas

09