Santa María do Pereiro é unha parroquia do concello de Alfoz do Castrodouro. É a parroquia máis extensa do concello, e abrangue preto dun terzo da superficie de Alfoz do Castrodouro. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (73 homes e 70 mulleres), mentres que en 2004 tiña 188 habitantes, cunha densidade de 8 hab./km². Ten 29 entidades de poboación.
Ten unha superficie de 23,4 km². Limita ao norte coa freguesía de Frexulfe (do concello do Valadouro), ao sur con Labrada (concello de Abadín), ao leste con Lagoa e As Oiras (concello de Alfoz do Castrodouro), e ao oeste co Cadramón (no concello do Valadouro).
Patrimonio e historia miniatura|esquerda|Pena Abaladoira en Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia de José Villa-amil, 1873. A Pena Abaladoira é un monumento megalítico de orixe e data aínda incerta. Está sita no Monte da Cabalar, a uns 400 metros da estrada O Pereiro - Abadín.
A aldea de Bustelo aparece citada nunha doazón do rei Ordoño II.
Hai numerosas cruces e cruceiros espallados pola parroquia. Cabe destacar o Cruceiro das Candorcas (Acivro), o Cruceiro da Arnela (A Arnela), o Cruceiro da Caxigueira (A Caxigueira) ou o Cruceiro do Outeiro (O Outeiro).
Dende a estrada O Pereiro - Cadramón tamén se pode chegar á Fervenza do Río de Ouro (fervenza do Escouridal), de gran riqueza visual e natural.
Lugares e parroquias Lugares do Pereiro
Parroquias de Alfoz do Castrodouro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Alfoz do Castrodouro
Categoría:Parroquias de Alfoz do Castrodouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María