San Pedro de Miñotos é unha parroquia do concello de Ourol, na comarca da Mariña Occidental. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística en 2013 tiña 176 habitantes (86 homes e 90 mulleres), distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 248 habitantes.

Patrimonio A igrexa de San Pedro de Miñotos é de 1740 e ten tres naves separadas por arcos de medio punto. A capela maior ten bóveda de canón e o resto cuberta de madeira. O retablo é do século XVIII.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Miñotos

Parroquias de Ourol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourol

Categoría:Parroquias de Ourol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro