A Península Itálica é unha península do surcentro de Europa e é unha das tres grandes penínsulas do sur deste continente, xunto coa Balcánica e a Ibérica. O seu territorio esténdese uns 1000 km de noroeste a sueste. Está situada no centro do mar Mediterráneo, entre os mares da Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente abrangue a maior parte de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.
Características xerais A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A Península Itálica está bañada polo mar da Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.
No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.
Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.
División política e administrativa da Península Itálica
A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está: País/TerritorioSuperficie peninsularDescriciónCapitalIdioma oficialPoboaciónA poboación só inclúe os habitantes da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeñakm2A superficie só a da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeñasq miTanto por cen República italiana26 140 00099.9531%Ocupa a maioría da penínsulaRomaitaliano31 8870.0466%Un enclave ó nordeste da Italia peninsularCidade de San Marinoitaliano8290.0003%Un enclave de Roma (Italia)Cidade do Vaticanoitaliano, latín
Notas
Italica Categoría:Penínsulas no Mar Mediterráneo Categoría:Xeografía de Italia