Manra (anteriormente: Illa Sydney) é unha das Illas Fénix na República de Kiribati. Ten unha superficie de 4,4 km² e unha altitude de aproximadamente seis metros. Xunto coas outras sete illas Fénix, forma parte da Área protexida das illas Fénix. Charles Darwin visitou a illa durante a súa viaxe de cinco anos (1831-1836), tras a cal en 1842 publicou unha explicación para a creación de atois de coral no Pacífico Sur.

Aínda que foi ocupada en varias ocasións no pasado (incluíndo ata 1963), Manra está actualmente deshabitada.

Xeografía A illa ten forma triangular cunha superficie total de 4,4 km ². É un antigo atol coa lagoa interior sen ningunha canle de saída ao mar. Isto fai que a auga se evapore e resulte unha lagoa moi salgada por baixo do nivel do mar, sen vida mariña. Nos arrecifes, en cambio, a fauna é moi diversa. En terra abundan porcos domésticos en estado salvaxe, ratas, lagartas, cangrexos e insectos. Está deshabitada.

Historia

thumb|Mataselos da illa de Sydney ca 1945 A diferenza dalgunhas das outras illas Phoenix, Manra contén evidencias definitivas de poboación prehistórica, en forma de polo menos unha ducia de plataformas e restos de recintos nas partes nordeste e noroeste da illa. K.P. Emory, etnólogo do Museo Bishop de Honolulu, estimou que alí había dous grupos de persoas, un procedente da Polinesia oriental e o outro da Micronesia. Tamén se atoparon pozos e fosas destes primeiros habitantes.

Manra foi descuberta en 1823 poldo barco baleeiro londiniense Sydney Packet (1814), do capitán de T. Emmett, e chamouna "Sydney Island". Reclamada polos intereses norteamericanos sobre o guano, parece que non chegou a ser explotada. É o lugar de nacemento de Sydney Aris (1884–1966), nada Arundel, filla de Lillie Arundel e John T. Arundel. Naquel tempo, John T. Arundel & Co. dedicábase á extracción de guano na illa. Manra converteuse nunha plantación de cocos de Burns, Philp & Co a principios do século XX. Máis tarde, en 1938, converteuse nunha das illas implicadas no Esquema de Asentamento das Illas Fénix, a expansión colonial final do Imperio Británico. Importáronse aproximadamente 130 colonos e construíuse unha aldea con radioteléfono, cisterna de cemento e 15 pozos de auga. A cada colono adulto déronlle cincuenta cocos e a cada neno dúas seccións sen plantar, de 80 m cadrados. Finalmente, a colonia fracasou debido á prolongada seca e ao declive do mercado mundial da copra.

A oficina de correos da illa de Sydney abriu o 11 de xaneiro de 1939 e pechou en 1958. Manra despoboouse entre 1958 e 1963 e permaneceu deshabitada desde entón.

A illa declarouse santuario de aves en 1938 e santuario de vida silvestre en 1975. Kiribati declarou a Área Protexida das Illas Phoenix en 2006, e o parque ampliouse en 2008. A reserva mariña, de 425.300 quilómetros cadrados, contén oito atois de coral, incluído Manra.

Galería de imaxes

Manra Manra