Acontecementos África O rei de Axum, Ezana, estende a súa autoridade ao Oeste. Combate os nobatas (nubios) ee destrúe o reino de Meroe.

Asia Chandragupta I tórnase emperador da India (até 375).

Imperio romano 1 de xaneiro: Flavio Galicano (Flavius Gallicanus) e Aurelio Valerio Tuliano Símaco (Aurelius Valerius Tullianus Symmachus) novos cónsules romanos. 11 de maio: Constantino o Grande estabelece unha nova capital do Imperio romano en Bizancio, que rebautiza Nova Roma, e será máis tarde, na súa honra, denominada Constantinopla.

Nacementos Macrina a Nova, ásceta e abadesa († 379). Amiano Marcelino, historiador romano (data posíbel de nacemento; m. ca. 397). Gregorio Nacianceno, un dos padres da Igrexa (m. 390).

Mortes Iámblico, filósofo neoplatónico (n. ca. 250 en Calcis).

Outros

Categoría:330