Solidariedade Obreira (en catalán orixinal Solidaritat Obrera) foi unha organización sindical formada en 1907 sobre as estruturas da "Unió Local de Societats Obreres de Barcelona" a fin de reorganizar os sindicatos cataláns moi debilitados a consecuencia do fracaso da folga xeral obreira de 1902 en reivindicación da xornada de 8 horas e o recoñecemento do dereito á folga. miniatura|dereita|200px|Portada de Solidaridad Obrera (1907) Houbo dúas reunións constituíntes da inicialmente "Federació Local de Societats Obreres de Barcelona" (xuño de 1907) tomándose a raíz delas o acordo de facer público un manifesto común e constituír a comisión organizadora formada por: Salvador Seguí, da Sociedade de pintores Antoni Badia, da Asociación da Dependencia Mercantil Bruguera, da Sociedade de pasteleiros e confeiteiros Saví, da Sociedade de metalurxia Sedó, da Sociedade de tipógrafos Seguidamente, no mes de xullo publicouse no semanario Tierra y Libertad o manifesto, do que se poden extraer frases como:

En agosto constituíuse formalmente Solidariedade Obreira, con ampla participación, podéndose citar a Antoni Fabra, Josep Prat ou Tomás Herreros, elixíndose formalmente á Xunta directiva e establecéndose como premisa que só se poderían adherir sociedades formadas exclusivamente por obreiros.Axiña adquiriu unha forza enorme entre a clase traballadora, afiliándose múltiples sociedades obreiras catalás no congreso de 1908, reconstituíndose como "Confederació Regional de Societats de Resistència - Solidaritat Obrera". Nese mesmo ano publicaron no periódico Solidaridad Obrera un manifesto rexeitando un Proxecto de Lei contra o Terrorismo elaborado polo goberno de Antonio Maura.Os sucesos da Semana Tráxica de Barcelona e posterior represión dos movementos obreiros significaron un paro das actividades en 1909.

Restablecida a Confederación, celebrou o seu segundo congreso en Barcelona de 1910 (30 e 31 de outubro e 1 de novembro), no que se debateu a ampliación territorial a nacional, punto crítico ó xa existir a UXT neste ámbito e con fundamentos sólidos no resto de España, aínda que non en Cataluña, onde era minoritario. Por ampla votación a favor tomouse o acordo de constituírse como confederación obreira a nivel estatal: a Confederación Nacional do Traballo (CNT).

Véxase tamén Bibliografía

Autores varios. Història de la cultura catalana. Volume VI e VII. Barcelona, edicions 62. Ferran Aisa. Solidaridad Obrera. Barcelona, Ateneu Enciclopèdic Popular, 1988. Almanaque de la "Revista Blanca" y "Tierra y Libertad". Madrid, Revista Blanca.

Outros artigos Movemento obreiro español Anarquismo en España

Categoría:Sindicatos anarquistas