Oberdan Sallustro, nado en Asunción (Paraguai) o 17 de xullo de 1915 e finado en Buenos Aires o 10 de abril de 1972, foi un empresario industrial paraguaio-arxentino de ascendencia italiana, Director Xeral da empresa FIAT Concord na Arxentina que foi secuestrado e asasinado en 1972 pola organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo. (ERP)Informe sobre los derechos humanos en la Argentina, Comisión Interamericana de Derechos Humanos, 1980.

Traxectoria Oberdan Sallustro, director xeral da empresa Fiat Arxentina. Ex oficial do exército italiano en Grecia, foi condecorado polo Papa Paulo VI.

Foi secuestrado o 21 de marzo de 1972 pola organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo (ERP). Encerrado na chamada Carcel del Pueblo situada no barrio de Flores da Cidade de Bos Aires. Ao ser descubertos o 10 de abril de 1972 foi asasinado por mor dun intenso tiroteo acaecido entre membros do ERP e forzas da orde La Nación 11 de abril de 1972. O seu secuestro e asasinato tivo grande impacto na opinión pública.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guerra sucia na Arxentina Revolución Arxentina

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en Asunción Categoría:Asasinatos na Arxentina Categoría:Empresarios da Arxentina Categoría:Paraguaios de ascendencia italiana