Acontecementos África Fundación de Tafilet, cidade do Sáhara, na ruta entre Níxer e Tánxer (hoxe en Marrocos).
Asia Xaneiro - Batalla de Suiyang - An-Lushan, usurpador imperial, que proclamou a dinastía Yan, enfróntase ás tropas leais da dinastía Tang, auxiliadas por guerreiros uigures. An-Lushan obtivo unha vitoria pírrica, e foi asasinado pouco despois polo seu propio fillo. Islam: Fundación de Bagdad, en adiante capital da dinastía dos abasidas.
Europa
29 de maio - Paulo I novo papa da Igrexa católica. Desiderio da Lombardía accede ao trono e é o derradeiro rei dos longobardos de Italia. Froila I accede ao trono do reino de Asturias, tras a morte de Afonso I (até 768). Offa novo rei de Mercia, en Gran Bretaña, por morte do seu antecesor (até 796). Alboíno, convértese en duque de Spoleto.
Nacementos
Hixam I, emir de Córdoba († 796). Abu Nuwas, poeta árabe († 815). Xisela, filla de Pipino o Breve, e irmá do emperador franco Carlomagno, futura abadesa de Chelles.
Mortes
26 de abril - Estevo III, papa. Afonso I - 3º monarca do reino de Asturias. An Lushan - usurpador do trono imperial da China, asasinado polo seu propio fillo (n. 703). Ibn al-Muqaffa - escritor persa, acusado de maniqueísmo (n. ca. 721). Aethelbald - rei de Mercia, en Gran Bretaña. Ratchis - rei dos longobardos. Sigeberht - rei de Wessex, en Gran Bretaña. Historia ano a ano
Categoría:757