Acontecementos Carlomán, un dos mordomos de palacio francos, renuncia ao seu posto, para ingresar como monxe na abadía de Montecassino. Pipino o Breve, seu irmán, fica como único mordomo. Expédicion musulmá contra SiciliaPaul Sebag Tunis: histoire d'une ville Harmanttan, 1998 ISBN 2-7384-6610-9 e ISBN 978-2-7384-6610-5 .

Nacementos 2 de abrilAté mediados do século, considerábase que Carlomagno nacera o 2 de abril do 742, mais varias razóns levaron a reconsiderar a veracidade da data tradicional. En primeiro lugar, o ano de 742 foi calculado a partir da idade que lle era atribuída na altura da súa morte, e non a partir directamente de documentos históricos. En segundo lugar, 742 precede o casamento dos seus pais (en 744) – e non hai ningunha referencia a que Carlomagno fose fillo ilexítimo, o que, ademais, imposibilitaría que este fose designado o seu herdeiro. Nos Annales Petarienses indícase que o seu nacemento tería ocorrido o 2 de abril de 747 – día de Pascua, nese ano. Como o nacemento dun emperador, na Pascua, provocaría, sen dúbida, comentarios dos cronistas da época – e como eses comentarios non existen en lado ningún, sospéitase que a atribución sexa unha ficción piadosa, coa única intención de honrar o emperador. Outros historiadores, ponderando as fontes históricas, suxiren que o seu nacemento teña ocorrido un ano máis tarde, en 748. Actualmente non é posíbel, por tanto, indicar con precisión a data de nacemento de Carlomagno. Os mellores historiadores inclúen, certamente, o 2 de abril de 747, despois, o 15 de abril de 747 ou, talvez, o 2 de abril de 748. - Carlomagno, rei e emperador dos francos Abu-l-Atahiya, poeta árabe de Kufa (n. 825).

Mortes Notas

Véxase tamén

Categoría:747