Frisia (na lingua frisia Fryslân ) é unha rexión histórica do noroeste de Europa, sobre o litoral do mar do Norte, que se estende desde o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña (Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), ata alcanzar o sueste de Xutlandia en Dinamarca. Os seus habitantes denomínanse frisóns e a súa lingua chámase tamén o frisón.
Esta rexión componse de: Frisia oriental, na Baixa Saxonia. Frisia setentrional, en Schleswig-Holstein e até a Xutlandia danesa. Frisia occidental, nos Países Baixos.
O nome de Frisia dáse tamén a diversas entidades políticas menores actuais: nos Países Baixos: a Frisia, unha provincia bilingüe do norte neerlandés; a Frisia occidental (West-Friesland), rexión da provincia de Hollanda Septentrionale, sita no noroeste neerlandés. en Alemaña: a Frisia (Friesland), distrito do noroeste do land de Baixa Saxonia. a Frisia do Norte (Nordfriesland), distrito do noroeste do land de Schleswig-Holstein.
As illas de Frisia Cabe aínda ter conta:
As illas da Frisia ou illas frisoas que constitúen un arquipélago paralelo á costa da Frisia continental, que se estende desde o norte dos Países baixos ata Dinamarca, e que toma as denominacións correspondentes á Frisia litoral: illas da Frisia oriental illas Frisoas setentrionais
Unha parte do antigo ducado de Oldenburg, a occidente da Frisia oriental, coñécese tamén como Frisia (Friesland).
Denominacións autóctonas A Frisia denomínase en frisón occidental Fryslân; en frisón setentrional Fraschlönj; en frisón oriental Fräislound ; en baixo-saxón occidental Freesland; en alemán e neerlandés Friesland e, por último, en danés ''Frislan
Véxase tamén Outros artigos Nacionalismo frisón Lingua frisoa
Frisia Categoría:Schleswig-Holstein