Alvedro é un lugar da parroquia de Almeiras no concello coruñés de Culleredo na Comarca da Coruña. Segundo datos do INE, en 2008 tiña 371 habitantes (185 homes e 186 mulleres).

Aquí aséntase o Aeroporto de Alvedro, asociado á cidade da Coruña.

No lugar situábase o pazo dos Vales, construído en 1722 e trasladado en 2011 por AENA á parroquia de Pravio (Cambre), a 5 km de distancia, posto que estaba nunha zona afectada pola expansión do aeroporto.

Lugares e parroquias Lugares de Almeiras

Parroquias de Culleredo

Notas

Categoría:Lugares de Culleredo