Acontecementos Asia oriental India: vitoria do rei Narasimha-varman, da dinastía Pallava sobre os Châlukya de Bâdâmi, que é saqueada.

Oriente Próximo Os árabes toman Alexandría. Os bizantinos abandonan a cidade. Nominalmente Exipto cae no poder do islam. Fúndase a cidade de Fustat (O Cairo), nova capital de Exipto. O xeneral árabe Amr apodérase de Barga, Cirenaica. Batalla de Nahavand: os musulmáns vencen os persas de Yazdgard III: fin do Imperio sasánida. O monarca sasánida refúxiase en Merv. Os árabes, baixo o mando do xeneral Abd-ar-Rahman forzan a Armenia a capitular, e pasa a formar parte do Imperio islámico.

Europa 5 de agosto - Batalla de Maserfield: O rei de Northumbria, Oswald, é vencido é morto por Penda de Mercia. Oswy, novo rei de Northumbria (642 -670). 24 de novembro - É elixido papa Teodoro I. Triunfante a sublevación de Khindasvinto, o rei dos visigodos Tulga é deposto e recluído nun mosteiro. Khindasvinto pasa a ser o novo monarca (até 653).

Nacementos Al-Hasan Al-Basri - teólogo musulmán († 728).

Mortes Tulga - rei dos visigodos. 5 de agosto - Oswald, rei de Northumbria, canonizado pola Igrexa (n. ca. 604). 12 de outubro - Xoán IV, papa.

Outros

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:642