Letonia () (en letón: Latvija ), oficialmente a República de Letonia () (en letón: Latvijas Republika) é un país da Europa do norte localizado na rexión báltica. Letonia fai fronteira polo norte con Estonia (343 km), polo sur con Lituania (588 km), e polo leste con Belarús (141 km) e a Federación rusa (276 km). Na outra beira do mar Báltico fai fronteira con Suecia. O territorio de Letonia ten unha superficie de 64,589 km² e unha poboación de 2 306 306 (2004).
Os letóns son un pobo báltico estreitamente vencellado cos lituanos, cos que comparten moitas semellanzas lingüísticas. Hoxe en día o letón e lituano son as únicas linguas superviventes pertencentes ás linguas bálticas da familia indoeuropea.
Letonia é unha república parlamentaria democrática dividida en 26 distritos. A capital e principal cidade en poboación é Riga (722.485 habitantes no ano 2005). Letonia é membro das Nacións Unidas dende o 17 de setembro de 1991, da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004 e da OTAN dende o 29 de marzo de 2004.
Historia
O territorio de Letonia foi poboado xa dende o 9.000 adC. co establecemento das tribos protobálticas (devanceiros dos letóns) na costa leste do mar Báltico ao redor do terceiro milenio adC.. Ao redor do 900 dC., desenvolvéranse catro tribos bálticas diferentes: os curonios, latgalianos, selonianos, semigalianos (en Letón: kurši, latgaļi, sēļi e zemgaļi), xunto cos livonios (lībieši) que falaban unha lingua de orixe ugrofinesa.
Prehistoria Ao longo de Europa, o territorio de Letonia foi coñecido pola súa riqueza en ámbar. Os pobos bálticos comerciaron co ámbar coa Grecia antiga e co Imperio Romano. Incluso hoxe en día, o ámbar do Báltico segue a ser exportado para moitos puntos do mundo. No final do século XII, comerciantes da Europa occidental comezaron a visitar a miúdo Letonia, establecendo rutas de comercio ao redor do río Daugava ata Rusia.
O período da Idade Media Confederación de Livonia, 1260|miniatura|esquerdaLetonia baixo a República das Dúas Nacións|miniatura|esquerda Os misioneiros cristiáns chegaron a Letonia en 1180. Ante a negativa das tribos bálticas a seren cristianizadas, foron enviados cruzados alemáns a fin de cristianizar as tribos pagás. Xa en 1211, o cristianismo xa tiña un control efectivo coa construción da catedral de Riga.
Durante o século XIII, desenvolveuse baixo o dominio alemán unha confederación de feudos chamada Livonia. Livonia incluía a actual Letonia e o sur de Estonia. En 1282, Riga e máis as cidades de Cēsis, Limbaži, Koknese e Valmiera foron incluídas na Liga Hanseática. A partir deste intre, Riga converteuse nun importante porto entre o comercio do leste co oeste. Riga constituíuse como unha ponte entre os países do báltico e a Europa Occidental.
O período reformista O século XVI foi un século de grandes cambios para os habitantes de Letonia, entre os cales destacan a reforma e o colapso do estado Livonio. Trala Guerra Livona (1558–1583) o territorio actual de Letonia quedou baixo o reino da República das Dúas Nacións.
Os séculos XVII e XVIII viron as continúas loitas de Polonia, Suecia e Rusia pola supremacía do Báltico. A meirande parte da Livonia polaca, incluíndo Vidzeme, pasou ás mans dos suecos tralo Tratado de Altmark en 1629. Baixo o goberno sueco, a servidume foi suavizada e foi creada unha rede de escolas para a servidume.
Letonia no Imperio Ruso O Tratado de Nystad de 1721 puxo fin á Gran Guerra do Norte, quedando Rusia coas terras de Vidzeme (formando parte do Gobernorato de Riga). A rexión de Latgale seguiu trala guerra ficando baixo o dominio de Polonia como o Ducado de Livonia ata 1772, cando foi anexionada por Rusia. O Ducado de Curlandia converteuse nunha provincia rusa (o Gobernorato de Curlandia) en 1795, sendo anexionados ao Imperio Ruso a totalidade dos territorios que hoxe forman Letonia.
As promesas que Pedro o Grande fixera á nobreza alemá do Báltico trala caída de Riga en 1710, oficializadas co Tratado de Nystad e coñecidas como "as capitulacións," reverteron en gran parte as reformas dos suecos. A emancipación dos servos tivo lugar en Curlandia no ano 1817 e en Vidzeme en 1819. Na práctica, a emancipación foi realmente vantaxosa para a nobreza xa que desposuía os campesiños das súas terras sen compensación ningunha. A estrutura social mudou radicalmente, estableceuse unha clase de campesiños independentes despois de que as reformas permitisen os campesiños readquirir as súas terras, os campesiños sen terra roldaban os 591.000 en 1897, unha puxante clase proletaria e unha influente clase burguesa letoa. O movemento da mocidade letoa (en letón:Jaunlatvieši) sentou as bases do nacionalismo a mediados de século, mirando moitos dos seus líderes ao movemento eslavófilo á busca de apoio contra a prevalecente orde social alemá. A rusificación comezou na rexión de Latgale trala Revolta de xaneiro de 1863 espallándose ao resto da actual Letonia durante a década de 1880. O movemento da mocidade letoa foi eclipsado por unha nova corrente política de esquerdas xurdida na década de 1890. O descontento popular chegou ao seu cumio coa Revolución de 1905, revolución de carácter nacionalista nas provincias do Báltico.
Declaración de independencia Bandeira da Letonia independente|esquerda|miniaturaminiatura|200px|dereita|Ducado do báltico unido (marrón claro) dereita|miniatura|300px|Mapa de Letonia 1920-1940 A primeira guerra mundial devastou o país. As reivindicacións de autodeterminación foron primeiramente limitadas á autonomía, sendo despois dirixidas cara a independencia do país, declarada en Riga o 18 de novembro de 1918 polo Consello do pobo letón, converténdose Kārlis Ulmanis no xefe do goberno provisional. Trala independencia do país báltico, sucedeuse a Guerra de independencia, un dos períodos máis caóticos sufridos na historia do país. Na primavera de 1919 coexistían á vez tres gobernos diferentes— o goberno de Ulmanis; o goberno da Letonia Soviética encabezado por Pēteris Stučka, cuxas forzas, apoiadas polo Exército Vermello, ocuparon o país en case a súa totalidade; e o "Ducado do Báltico" encabezado por Andrievs Niedra e apoiado polo Baltische Landeswehr e máis as Freikorps alemás. As forzas estonianas e letoas venceron aos alemáns na Batalla de Cēsis no mes de xuño de 1919, e aos ataques Ruso-alemáns encabezados por Pavel Bermondt-Avalov en novembro. O leste de Letonia foi limpado das tropas do Exército vermello polos forzas polacas, letoas, e alemás a comezos de 1920. O 1 de maio de 1920 foi convocada unha asemblea constituínte que aceptou unha constitución liberal, a Satversme, no mes de febreiro de 1922. Esta constitución foi parcialmente bloqueada polo golpe de Ulmanis de 1934, sendo restablecida completamente en 1990. Dende a súa creación a constitución sufriu algúns cambios e segue a ser vixente no país na actualidade.
Coa evacuación a Rusia da base industrial de Letonia en 1915, a reforma da terra foi a principal tarefa do xove país. En 1897, o 61,2% da poboación rural carecía de terra de seu; cara a década de 1930 aquela porcentaxe minguara ata o 23,2%. A extensión de terra cultivada xa superaba a da preguerra en 1923. A innovación e o crecemento da produtividade fixo que a economía letoa medrase axiña, aínda que tivo que sufrir a Gran Depresión. Malia presentar sinais de recuperación da economía, Ulmanis levou a cabo un sanguento golpe de estado o 15 de maio de 1934, establecendo unha ditadura nacionalista, que durou ata a década de 1940.
Letonia na segunda guerra mundial A maioría dos alemáns bálticos que vivían en Letonia deixaron o país tralo acordo entre o goberno de Ulmanis e a Alemaña Nazi trala conclusión do Pacto Ribbentrop-Molotov. O 5 de outubro de 1939, foi forzada a aceptar un pacto de "asistencia mutua" coa Unión Soviética, garantindo aos soviéticos o dereito a destinar 25.000 tropas en territorio letón. O 16 de xuño de 1940, Vyacheslav Molotov presentou a un representante letón en Moscova cun ultimato acusando a Letonia de violar as condicións do pacto, producíndose o 17 de xuño a ocupación do país polas tropas soviéticas. Trala ocupación tiveron lugar as eleccións no "Saeima do pobo", tomando o poder o goberno monicreque de Augusts Kirhenšteins que levou a Letonia á URSS. A anexión foi formalizada o 5 de agosto de 1940, data na que se estableceu a República Socialista Soviética de Letonia.
miniatura|dereita|Gueto de Riga en 1942 Os soviéticos loitaron ferozmente contra os seus opoñentes — antes de sucederse a invasión alemá, en menos dun ano, polo menos 27.586 persoas foron arrestadas; a maioría deportadas, sendo asasinadas 945. Durante a ocupación alemá, Letonia foi administrada como parte da Reichskommissariat Ostland. Os paramilitares letóns e a Policía auxiliar establecidos polas forzas da ocupación, participaron activamente no Holocausto. Máis de 200.000 cidadáns letóns morreron durante a segunda guerra mundial, entre os que se atopaban aproximadamente 70.000 xudeus letóns. Os soldados letóns loitaron en ambos os dous frontes, incluíndo a Lexión letoa da Waffen-SS, a maioría recrutados polas autoridades soviéticas e nazis. O rexeitamento ao recrutamento tiña como consecuencia a pena de cárcere, o maltrato a familiares e incluso a morte.
Ocupación soviética
Os soviéticos reocuparon o país de novo entre 1944–1945, sucedéndose deportacións masivas ao mesmo tempo en que se levaba a cabo a colectivización e sovietización do país. No ano 42.975 persoas foron deportadas. Trala ocupación do país produciuse a migración a Letonia de obreiros, administrativos, militares e os seus descendentes provenientes de Rusia e doutras repúblicas soviéticas, caendo a poboación letoa ata o 62% no ano 1959. Durante o mandato de Nikita Khrushchev, os intentos de conseguir un grao de autonomía e protección para a deteriorada lingua letoa encabezados por Eduards Berklavs foron suprimidos.
Restauración da independencia
En 1989 o Soviet Supremo da URSS adoptou unha resolución sobre a "Ocupación dos estados bálticos", na que declarou que a ocupación "non tiña concordancia coa lei," e que "non era a vontade dos soviéticos". O movemento nacional coligado na Fronte Popular de Letonia tomou vantaxe das reformas da glasnot do réxime baixo o mandato de Mikhail Gorbachev, oposto á Interfront. O 4 de maio de 1990, o Soviet Supremo da RSS de Letonia adoptou a Declaración da restauración da independencia da República de Letonia, suxeito a un período de transición que rematou coa independencia de Letonia o 21 de agosto de 1991, tralo fracaso do Putsch de Agosto. O Saeima, o parlamento letón, foi de novo elixido en 1993, rematando Rusia a súa retirada militar en 1994.
Os principais fitos acadados por Letonia ao longo da década dos anos 90, foron a entrada na OTAN e na Unión Europea, ambos os dous conseguidos no ano 2004. As novas leis lingüísticas e de cidadanía foron rexeitadas por unha gran maioría da comunidade rusa residente no país, aínda que a maioría dos rusos obtiveron a cidadanía. (A cidadanía non foi outorgada aos cidadáns soviéticos establecidos no país durante a ocupación soviética e aos seus descendentes. Os fillos nados a partir da independencia do país, si poden obter a cidadanía.) O goberno desnacionalizou as propiedades privadas que foran confiscadas durante a era soviética, devolvendo ou compensando os seus donos,privatizou a maioría das industrias nacionalizadas, e reintroduciu o Lats letón. Despois de sufrir unha dura transición cara a unha economía liberal e a reorientación do país cara a Europa occidental, actualmente o país posúe un ritmo de crecemento da economía superior á maioría dos membros da UE.
Política Saeima, o parlamento letón|dereita|miniatura