O termo prensa pode referirse a:
Máquinas Prensa hidráulica, a que exerce a súa forza mediante circuítos hidráulicos. Prensa mecánica, máquina que deforma ou comprime materiais mediante a aplicación de presión. Prensa rotativa, tamén chamada rotativa, é a imprenta empregada para imprimir diarios ou revistas de gran tirada. Prensa ou prelo, máquina usada en tipografía para imprimir textos. Prensa, parte do lagar que serve para espremer o zume da froita, a máis común a prensa de viño.
Medios de comunicación Prensa escrita: conxunto das publicacións, habitualmente periódicas (periódicos e revistas), tamén chamado prensa, nome que provén da máquina empregada para a súa impresión. Prensa amarela ou sensacionalista, a que presta especial atención a feitos rechamantes. Prensa salmón ou económica. Prensa do corazón ou rosa, que trata da vida de persoas famosas. Prensa gratuíta, a que non ten custo para o seu consumidor. Prensa de integración, a destinada a colectivos sociais marxinais.