Victoria Donda Pérez, nada en Bos Aires en agosto de 1977, é unha activista de dereitos humanos arxentina elixida en 2007 como deputada nacional polo Frente para la Victoria. É a primeira filla de desaparecidos nacidos en cativerio e recuperados que é elixida como representante.

Biografía O seu secuestro Victoria Donda naceu en agosto de 1977 na ESMA de Bos Aires, onde estaba cativerio a súa nai, María Hilda Pérez de Donda, logo de ser secuestrada polas Forzas Armadas no Gran Bos Aires durante a ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional. A nena foi chamada Victoria pola súa nai, quen lle perforou os lóbulos pasándolle unha cinta azul, na esperanza de que fose recoñecida. O seu pai, José María Laureano Donda, tamén foi secuestrado e ambos permanecen desaparecidos. A parella tiña outra filla máis vella, que quedou un ano coa avoa materna, Leontina Pérez, unha das doce mulleres fundadoras da Asociación Avoas de Praza de Maio.

Logo de que a súa nai fose asasinada clandestinamente, a nena foi apropiada por un dos militares que actuaban no centro clandestino de detención, quen a criou simulando que el e a súa esposa eran os seus verdadeiros pais.

O caso da nena é especialmente atroz, porque o seu tío, o tenente de navío Adolfo Miguel Donda Tigel (irmán do seu pai), foi un dos xefes represores da ESMA e partícipe no secuestro, tortura e asasinato dos seus pais e da súa posterior apropiación e subtracción de identidade, así como do da súa irmá Daniela, quen foi criada como filla do seu tío.

Recuperación da identidade En 2003, cando contaba con 26 anos, Victoria Donda, dubidando da súa identidade comunicouse coa agrupación H.I.J.O.S. e as Avoas de Praza de Maio. Con todo, aínda sabendo que era filla dunha muller desaparecida na ESMA, durante un tempo tivo reticencias en realizarse os estudos de ADN e descubrir a totalidade da súa historia atroz. O 24 de marzo de 2004 cando a ESMA foi recuperada para establecer un centro de memoria, Victoria Donda estivo alí:

Unha semana despois fíxose o estudo xenético que estableceu a súa verdadeira identidade. Tratouse da primeira "irmá" recuperada por H.I.J.O.S. e a neta Nº 78 atopada polas Avoas. Pouco despois o apropiador foi detido e atópase sendo procesado, xunto a Alfredo Astiz e outros acusados, por 62 crimes contra a humanidade.

Activismo polos dereitos humanos Desde antes de coñecer a súa identidade Victoria Donda comezou a actuar destacadamente no movemento de dereitos humanos e do Movimiento Libres del Sur. Traballou primeiro no comedor comunitario "Azucena Villaflor", nome da fundadora de Nais de Praza de Maio.

Concelleira de Avellaneda e deputada nacional En 2006 Victoria Donda foi elixida concelleira na Municipalidade de Avellaneda.

En 2007 foi elixida deputada nacional polo Frente para la Victoria, comezando o seu mandato o 10 de decembro de 2007.

"Familia de sangre" (documental) O documental Familia de sangre, dos cineastas Gustavo Bobbio e Daniel Ortiz, relata a historia de Victoria Donda.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Avoas de Praza de Maio Guerra sucia na Arxentina Roubo de bebés na ditadura arxentina

Ligazóns externas Derechos humanos: las Hermanas de Victoria, Páxina/12, 29 de outubro de 2004 Para Victoria, la nieta recuperada número 78, el hilo de la memoria es de color azul, Causa Popular, 23 de outubro de 2004

Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Desaparición forzada de persoas Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Buenos Aires