Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares.

Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia Cavalier-Smith, Thomas (1998): "A revised six-kingdom system of life", Biological Reviews, Cambridge Philosophical Society, 73, (3), p. 208.Sina M. Adl et al. (2005): "The New Higher Level Classification of Eukaryotes with Emphasis on the Taxonomy of Protists", Journal of Eukaryotic Microbiology, International Society of Protistologists, 52 (5), p. 415., creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874. Calquera que sexa o termo empregado, ou calquera que sexa a clasificación considerada (sistemática evolucionista ou cladista), os animais son consensuadamente descritos como organismos eucariotas, heterótrofos, pluricelulares e tisulares caracterizados pola súa capacidade para a locomoción, pola ausencia de clorofila e de parede nas súas células e polo seu desenvolvemento embrionario, que atravesa unha fase de blástula e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies poden sufrir posteriormente metamorfoses).

Os animais forman un grupo natural estreitamente emparentado cos fungos (Fungi) e as plantas (Plantae). É un dos catro reinos do dominio Eukaryota, e a el pertence o ser humano.

A mobilidade é a característica que máis chama a atención dos membros do reino dos animais, pero non é exclusiva do grupo, o que dá lugar a que sexan nomeados a miúdo como animais certos organismos que pertencen ao reino dos protistas (Protista). (Véxase protistas e protozoos).

Na fala coloquial emprégase o termo animal contrapoñéndoo ao termo humano, pero débese ter en conta que desde o punto de vista científico o ser humano é unha especie máis do reino Animalia.

Estrutura No seguinte esquema, amósanse as características comúns a todos os animais: Organización celular. Eucariota e pluricelular. Nutrición. Heterótrofa por inxestión. Metabolismo. Aerobio (consomen osíxeno). Reprodución. Todos as especies animais reprodúcense sexualmente (algunhas só por partenoxénese), con gametos e cigotos (ciclo diplonte). Algunhas poden, ademais, multiplicárense asexualmente. Desenvolvemento. Mediante embrión. Tipo de vida. Pluricelulares, con tecidos, e normalmente móbiles. Estrutura e funcións. Posúen coláxeno como proteína estrutural. Tecidos celulares moi diferenciados. Sen parede celular. Algúns con quitina. Fagocitose, en formas basais. Inxestión con fagocitose ulterior ou absorción en formas derivadas ("máis evolucionadas"), con capacidade de movemento etc.

Características xerais miniatura|300px|Tigre de Sumatra (Panthera tigris sumatrae Pocock).

Con poucas excepcións, máis notábeis nas esponxas (filo dos poríferos), os animais teñen corpos diferenciados en tecidos separados. Estes inclúen músculos, que poden contraérense para producir o movemento, e un sistema nervioso, que envía e procesa sinais. Adoitan teren tamén unha cámara dixestiva interna, cunha ou dúas aberturas. Os animais con este tipo de organización son coñecidos como eumetazoos, en contraposición aos parazoos e mesozoos, que son niveis de organización máis simples dentro dos metazoos, xa que carecen dalgunhas das características mencionadas.

Todos os animais teñen células eucariotas, rodeadas dunha matriz extracelular característica composta de coláxeno e glicoproteínas elásticas. Esta pode calcificarse para formar estruturas como cunchas, ósos e espículas. Durante o desenvolvemento forma unha armazón relativamente flexíbel pola que as células poden moverse e reorganizarse, facendo posíbeis estruturas máis complexas. Isto contrasta cos outros organismos pluricelulares como as plantas e os fungos, cuxas células permanecen no sitio mediante paredes celulares, que desenvolven un crecemento progresivo.

Funcións esenciais Os animais levan a cabo as seguintes funcións esenciais: alimentación, respiración, circulación, excreción, resposta a estímulos, movemento e reprodución:

Alimentación. A maioría dos animais non poden absorber comida: inxírena. Os animais evolucionaron de diversas maneiras para alimentarse. Os fitófagos comen plantas, os carnívoros comen outros animais, e os omnívoros aliméntanse tanto de plantas como de animais. Os detritívoros comen materia vexetal e animal en descomposición. Os comedores por filtración son animais acuáticos que inxiren minúsculos organismos que flotan na auga, filtrándoos. Algúns animais tamén poden establecer relacións simbióticas, nas que dúas especies viven en estreita asociación mutua. Un caso especial é o parasitismo; un parasito é un organismo que vive dentro ou sobre outro organismo, o hóspede; o parasito aliméntase do hóspede, e o dana.Miller, Kenneth (2004): Biología. Prentice Hall. ISBN 0-13-115538-5. Respiración. Non importa se viven na auga ou en terra, todos os animais respiran; isto significa que poden tomar osíxeno e despedir dióxido de carbono. Grazas aos seus corpos moi simples e de delgadas paredes, algúns animais utilizan a difusión destas substancias a través da pel. Porén, a maioría dos animais, para poderen aumentar o seu tamaño corporal, tiveron que evolucionar para dotarse de complexos tecidos e sistemas orgánicos para a respiración. Circulación. Moitos animais acuáticos pequenos, como algúns vermes, utilizan só a difusión para transportar oxíxeno e moléculas de nutrientes a todas as súas células, e recoller delas os produtos de refugallo. A difusión basta porque estes animais apenas teñen un espesor dunhas poucas células. Porén, os animais máis grandes posúen algún tipo de sistema circulatorio para desprazar substancias polo interior dos seus corpos. Excreción. Un produto de refugallo primario das células é o amoníaco, substancia velenosa que contén nitróxeno. A acumulación de amoníaco e outros produtos de refugallo poderían matar ao animal. A maioría dos animais teñen un sistema excretor que ben elimina amoníaco ou ben o transforma nunha substancia menos tóxica que se elimina do corpo. Grazas á eliminación dos refugallos metabólicos, os sistemas excretores axudan a manter a homeostase. Os sistemas excretores varían desde células que bombean auga fóra do corpo até órganos complexos como os riles. Resposta a estímulos. Os animais usan células especializadas, chamadas células nerviosas, para responder ás variacións do ambiente que os rodea. Na maioría dos animais, as células nerviosas están conectadas entre si para formaren un sistema nervioso. Algunhas células chamadas receptores, captan sons, luz e outros estímulos externos. Outras células nerviosas procesan a información recibida e determinan a resposta do animal. A organización das células nerviosas dentro do corpo cambia profundamente dun fillo a outro. Movemento. Algúns animais adultos permanecen fixos nun lugar determinado, aínda que a maioría teñen mobilidade. Porén, tanto os fixos como os máis veloces normalmente posúen músculos ou tecidos musculares que se acurtan para xerar forza. A contracción muscular permite que os animais móbiles se despracen, moitas veces en combinación cunha estrutura chamada esqueleto. Os músculos tamén axudan aos animas, mesmo aos máis sedentarios, a comer e bombear auga e outros líquidos fóra do corpo. Reprodución. A maioría dos animais reprodúcense sexualmente mediante a produción de gametos haploides. A reprodución sexual favorece que se produza diversidade xenética nunha poboación. Por conseguinte, axuda a mellorar a capacidade dunha especie para evolucionar cos dos ecosistemas. Moitos invertebrados tamén poden reproducirse asexualmente. A reprodución asexual dá orixe a descendentes xeneticamente idénticos aos proxenitores; pero esta forma de reprodución permite que os animais aumenten rapidamente en cantidade.

Clasificación (subreinos e filos) Subregnum Parazoa (parazoos) Phylum Porifera (poríferos ou esponxas) Calcispongiae vel Calcarea (calcisponxas ou esponxas calcarias) Hyalospongiae vel Hexactinellida (hexactinélidos) Demospongiae (demosponxas) Sclerospongiae (esclerosponxas) Subregnum Phagocytellozoa (fagocitelozoos) Phylum Placozoa (placozoos), só dúas especies: Trichoplax adhaerens Treptoplax reptans (non hai datos abondo para demostrar a existencia desta especie) Subregnum Mesozoa (mesozoos) Phylum Rhombozoa vel Dicyemida (rombozoos ou diciémidos) Phylum Orthonectida (ortonécidos) Subregnum Eumetazoa (eumetazoos) (sen clasificar) Radiata (radiados) Phylum Coelenterata vel Cnidaria (celenterados ou cnidarios) Hydrozoa (hidrozoos) Scyphozoa (escifozoos) Cubozoa (cubozoos) Anthozoa (antozoos) Phylum Ctenophora (ctenóforos) Tentaculata (tentaculados) Nuda (nus ou atentaculados) (sen clasificar) Bilateria bilaterais) Protostomia (protóstomos) Acoelomata (acelomados) Phylum Platyhelminthes (platelmintos): Turbellaria (turbelarios) Monogenea (monoxéneos) Trematoda (trematodos) Cestoda (cestodos) Phylum Gnathostomulida (gnatostomúlidos) Phylum Nemertea vel Nemertini (nemertinos) Pseudocoelomata (pseudocelomados Phylum Rotifera (rotíferos) Phylum Gastrotricha (gatrótricos) Phylum Entoprocta vel Kamptozoa (entoproctos ou camptozoos) Phylum Kinorhyncha (quinorrincos) Phylum Priapulida (priapúlidos) Phylum Nematoda (nematodos) Secernentea vel Phasmidia Adenophorea vel Aphasmidia Phylum Nematomorpha (nematomorfos) Phylum Acanthocephala (acantocéfalos) Phylum Loricifera Schizocoelomata (esquizocelomados) Phylum Mollusca (moluscos) Poliplacophora (poliplacóforos) Caudofoveata (caudofoveados) Solenogastres (solenogastros) Monoplacophora (monoplacóforos) Gastropoda vel Gasteropoda (gasterópodos) Bivalvia (bivalvos) Scaphopoda (escafópodos) Cephalopoda (cefalópodos) Phylum Annelida (anélidos) Polychaeta (poliquetos) Clitellata (clitelados) Myzostomida (mizostómidos) Archiannelida (arquianélidos) Phylum Sipuncula (sipuncúlidos) Phylum Arthropoda (artrópodos) Subphylum Trilobitomorpha (†) (trilobites) Subphylum Chelicerata (quelicerados) Merostomata (merostomados) Pycnogonida (picnogónidos) Arachnida (arácnidos) Subphylum Myriapoda (miriápodos) Diplopoda (diplópodos) Chilopoda (quilópodos) Symphyla (sínfilos) Pauropoda (paurópodos) Subphylum Hexapoda (hexápodos) Enthognatha (entognatos) Collembola (colémbolos) Protura (proturos) Diplura (dipluros) Insecta (insectos) Branchiopoda (braquiópodos) Remipedia (remípedos) Cephalocarida (cefalocáridos) Maxillopoda (maxilópodos) Ostracoda (ostrácodos) Malacostraca (malacostráceos) Phylum Tardigrada (tardígrados) Phylum Onychophora (onicóforos) (sen clasificar) Lophophorata (lofoforados) Phylum Bryozoa vel Ectoprocta (briozoos ou ectoproctos) Phylum Phoronida (forónidos) Phylum Brachiopoda (braquiópodos) (sen clasificar) Deuterostomia (deuteróstomos) Phylum Chaetognatha (quetognatos) Phylum Echinodermata (equinodermos) Asteroidea (asteroideos) Ophiuroidea (ofiuroideos) Echinoidea (equinoideos) Holothuroidea (holoturoideos) Crinoidea (crinoideos) Phylum Hemichordata (hemicordados) Phylum Chordata (cordados) Subphylum Urochordata vel Tunicata (urocordados ou tunicados) Subphylum Cephalochordata (cefalocordados) Subphylum Vertebrata (vertebrados) Infraphylum Agnatha (ágnatos) Cephalaspida (cefaláspidos) Heterostraci (heterostracos) Anaspida (anáspidos) Infraphylum Gnathostomata (gnatostomados ou gnatóstomos) Chondrichthyes (condrictios) Osteichthyes osteíctios) Amphibia (anfibios) Reptilia (réptiles) Aves (aves) Mammalia (mamíferos)

Filoxenia