O 9 de xuño é o 160º día do ano do calendario gregoriano e o 161º nos anos bisestos. Quedan 205 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1062 - Tivo lugar unha eclipse total de sol que durou 7 minutos 20 segundos. 1800 - Vitoria de Napoleón en Montebello. 1944 - Os soviéticos ocupan a Carelia, antes parte de Finlandia. 1973 - Luis Carrero Blanco é nomeado xefe do Goberno de España por Franco. 1982 - A Rioxa adquire Estatuto de Autonomía. 1983 - Vitoria esmagadora do Partido Conservador de Margaret Thatcher nas eleccións británicas. 2005 - Levántase a cidade portuguesa de Caniço.

Nacementos miniatura|100px|Georg Friedrich Grotefend. 1775 - Georg Friedrich Grotefend, filólogo alemán. 1805 - Victor Baltard, arquitecto francés. 1812 - Johann Gottfried Galle, astrónomo alemán. 1865 - Carl Nielsen, compositor danés (m. 1931). 1889 - Imeldo Corral González, pintor galego (m. 1976). 1891 - Cole Porter, músico estadounidense (m.1964). 1893 - Samuel Nathaniel Behrman, dramaturgo e guionista estadounidense (m. 1973). 1917 - Eric Hobsbawm, historiador británico (m. 2012). 1930 - Jordi Pujol, expresidente da Generalitat de Cataluña. 1958 - Concepción Burgo, historiadora e política galega. 1963 - Johnny Depp, actor estadounidense. 1973 - Laura Ponte Martínez, modelo galega. 1978 - Miroslav Klose, dianteiro centro do Bayern München e da selección nacional de fútbol de Alemaña. 1981 - Natalie Portman, actriz israelí-estadounidense coñecida principalmente polo seu papel na primeira trioloxía de Star Wars.

Mortes miniatura|100px|Charles Dickens. 68 - Nerón, emperador do Imperio Romano, quitouse a vida tras ser declarado inimigo público polo Senado romano. 1597 - José de Anchieta, misioneiro xesuíta e santo español no Brasil (n. 1534). 1870 - Charles Dickens, escritor británico (n. 1812). 1884 - Aníbal Pinto, presidente de Chile (n. 1825). 1901 - Ángel Anido Sánchez, médico e escritor galego (n. 1852). 1933 - Hildegart Rodríguez Carballeira, nena prodixio e política (n. 1914). 1959 - Adolf Otto Reinhold Windaus, químico alemán (n. 1876). 1964 - Max Aitken, político e home de negocios canadense - británico (n. 1879). 1974 - Miguel Ángel Asturias, escritor e diplomático guatemalteco (n. 1899). 2006 - Antonio Rumeu de Armas, historiador español (n. 1912). 2013 - Elías Querejeta, produtor de cine español (n. 1934). 2022 - Matt Zimmerman, actor canadense (n. 1934).

Festas e celebracións Día da Rioxa, en lembranza do día en que, en 1982, aprobouse o Estatuto de Autonomía. Día da Rexión de Murcia. Día Internacional dos Arquivos Día Mundial do Pato Donald"La Voz de la Escuela", en La Voz de Galicia 11.06.2025.. Nesa data de 1934 foi a primeira aparición deste personaxe de Walt Disney, na curtametraxe A galiña sabia ("The Wise Little Hen").

Outros Santoral: Santos Efrén, José de Anchieta, Amada, Feliciano, Ricardo e Vicente.

Notas

Os 366 días do ano

09