miniatura|250px|dereita|Memorial de Orlando Letelier no lugar onde foi asasinado: Sheridan Circle, Washington DC Marcos Orlando Letelier del Solar, nado en Temuco (Araucanía) o 13 de abril de 1932 e finado en Washington, D.C. o 21 de setembro de 1976, foi un político e economista chileno, membro do goberno da Unidad Popular de Salvador Allende, asasinado en Washington polos axentes da ditadura de Pinochet en 1976. Era pai do senador Juan Pablo Letelier.

Traxectoria En 1971 foi designado embaixador nos Estados Unidos polo presidente socialista Salvador Allende. Dous anos máis tarde, serviu como ministro de Relacións Exteriores e logo como Ministro de Defensa.

Tralo golpe militar do 11 de setembro de 1973, que levou a Pinochet ao poder, Letelier foi detido e torturado, sendo enviado a unha prisión política na Illa Dawson, no Estreito de Magallanes.

Despois da súa liberación, exiliouse a EE.UU e estableceuse en Washington en 1974, onde traballou para evitar a entrega de préstamos que pediu o goberno de Chile a Holanda entre outros países europeos para restaurar a economía.

Asasinato Pouco antes da súa morte foille retirada a súa nacionalidade chilena polo Estado chileno. As súas palabras sobre este feito foron:

Letelier foi asasinado ao estoupar unha bomba de control remoto colocada baixo o seu automóbil o 21 de setembro de 1976. A morte non foi instantánea e morreu desangrado no lugar. O coche bomba tamén matou a axudante estadounidense de Letelier, Ronni Moffit.

O asasinato de Letelier formou parte dun esforzo coordinado por varias ditaduras militares en América Latina para intimidar e asasinar os seus opositores políticos.

Este esforzo, coñecido como a Operación Cóndor, incluíu nacións como o Brasil, Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai e Bolivia. Tres destas nacións - Uruguai, Arxentina e Chile - comezaron a asasinar figuras da oposición en países estranxeiros durante a primavera de 1976 co patrocinio do goberno dos Estados Unidos de América.

Varias persoas foron procesadas e condenadas polo asasinato. Entre eles estaban Michael Townley, un expatriado estadounidense colaborador moi próximo á axencia de intelixencia chilena DINA, o xeneral Manuel Contreras, antigo xefe da DINA, e o xeneral de brigada Pedro Espinoza.

Precedido por:Ismael Huerta DiazMinistro de Relacións Exteriores1973Sucedido por:Clodomiro AlmeydaPrecedido por:Carlos BrionesMinistro do Interior1973Sucedido por:Carlos BrionesPrecedido por:Carlos PratsMinistro de Defensa1973Sucedido por:Patricio Carvajal Prado

Véxase tamén Ligazóns externas

Árbore xenealóxica de Orlando Letelier

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en Temuco Categoría:Ministros de Chile Categoría:Asasinatos na Arxentina Categoría:Vítimas do terrorismo de Estado