A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence.

É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro.

A illa é lugar onde aniñan gaivotas. Ten un pozo, o que a converte nunha das poucas illas con subministración de auga.

Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada Bouza Brey engade en nota o seguinte: Suponse ista cántiga nos beizos de un mariñeiro que ven entrando na Ría de Arousa e olla dempois de longa ausenza o faro de Rúa, na insuiña de tal nome e detrás dél o pobo de Palmeira que lle suxire a refleisón dos versos derradeiros. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 200. No texto: Hespaña.

Notas

Rúa, Illa da Categoría:Ribeira