Filipe é un nome propio masculino galego e portugués. A súa orixe é o grego Philippos, de philo "amor" e hippos "cabalo" significando "amante dos cabalos". En galego tamén ten os hipocorísticos Chelipe e Filucho.
En xaneiro de 2023 existían 43 varóns en Galicia co nome Filipe, cunha media de idade de 35,4 anos.Nome Filipe na Web do Instituto Galego de Estatística
Filipe noutras linguas Alemán: Philipp Aragonés: Felip, FelipeEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Felipe Catalán: Felip Éuscaro: Felipe / Filipe Francés: Philippe Inglés: Philip Italiano: Pippo (hip.) / Filippo Portugués: Filipe Romanés: Filip Ruso: Filip
Personalidades Filipe é o nome de varios personaxes históricos notables, comezando polo apóstolo Filipe:
Filipe de Alemaña Filipe I de Castela, O Fermoso Filipe II de España, o Prudente Filipe III, o Piadoso Filipe IV de España, o Grande ou o Rei Planeta ("plaxio" de o Rei Sol, sobrenome de Lois XIV, rei de Francia) Filipe V de España, o Animoso Filipe VI de España, actual rei de España. Filipe de Francia (1116-1131), fillo de Lois VI de Francia Filipe de Francia (1640-1701), segundo fillo de Lois XIII de Francia e Navarra. Filipe I de Francia Filipe II de Francia Filipe III de Francia, o Atrevido Filipe IV de Francia, o Fermoso Filipe V de Francia, o Alto Filipe VI de Francia, o Afortunado Filipe I de Savoia Filipe II de Savoia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos portugueses