Acontecementos América Guerra entre as cidades-estados maias de Tikal e Uxactún.

Asia Sapor II reafirma o dominio de Persia sobre os kusana (no actual Afganistán).

Europa Graciano, emperador romano occidental, derrota os alamáns, que invadiran a Galia, na batalla de Argentovaria (lugar localizábel no hoxe departamento francés de Haut-Rhin). 9 de agosto - Batalla de Adrianópole (tamén dita de Andrinópole), en Tracia: os visigodos vencen ao emperador romano Valente que morre no combate. O hispano Teodosio I é nomeado emperador do Oriente romano, a seguido da morte de Valentiniano (oficialmente desde 379).

Arte e cultura O emperador Valente termina o acueduto de Constantinopla, comezado por Constantino o Grande.

Nacementos Xermano de Auxerre, bispo e prefecto (data aproximada) (m. 448).

Mortes 9 de agosto - Valente, emperador romano Khui Ningomba, rei de Manipur, no nordés da India. Priario, xefe alamán. Chak Toh Ich'ak, soberano da cidade maia de Tikal, desde 360, posibelmente executado.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:378