Carlos Abad Garrido, coñecido musicalmente por GranPurismo, é un cantante e mc de hip hop galego, nado en Schaffhausen (Suíza) en 1979.
Traxectoria profesional Aínda que en contacto co hip hop dende adolescencia, non empeza a cantar ata os 17 anos cando ingresa na crew ZEST, e coa que rapea durante dous anos. Despois participa nunha antoloxía de hiphop feito en Suíza pola comunidade de emigrantes galegos e españois (Switzerland Tchorissos), onde coñece o tamén o galego Carlos Leal, de Sens Unik, e co que fai a primeira gravación, un maxi titulado Más y más, que vende un milleiro de copias. En 2001 xuntáse co grupo español Violadores del verso co que grava un tema ('Suizaragoza'), para o disco "Vicios y virtudes".
En 2007 presentou o seu primeiro álbum, The Mixtape. Na actualidade forma parte da crew SHS Crew.
Canta en español e en galego.
Discografía Aínda que ten realizados diversos traballos de colaboración don artistas da escena hiphopeira suíza e española, o seu único álbum en solitario é The Mixtape, 2007.
Vida persoal A súa familia é de Pardeconde (Esgos), onde pasou boa parte dos veráns da súa infancia, como relata na súa canción Pardeconde (2007).
Véxase tamén Ligazóns externas GranPurismo. Web oficial. Pardeconde. Tema en mp3 dedicado á súa aldea.
Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Nados no cantón de Schaffhausen Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1979 Categoría:Rapeiros de Galicia