Miladin "Dado" Pršo, nado en Zadar o 5 de novembro de 1974, é un exfutbolista croata. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección croata. Antes de dedicarse profesionalmente ó fútbol, traballaba coma mecánico en Croacia.

Traxectoria Dado Pršo debutou co NK Zadar no fútbol profesional, no ano 1991. Pouco despois marchou ó Hajduk Split e ó NK Pazinka sen causar un grande impacto. En 1993 foise vivir a Francia, adicándose a outros traballos mentres xoga en clubs modestos coma distracción, coma o FC Rouen e o San Raphael.

En 1996 ficha polo AS Monaco FC, e adícase a xogar no equipo de reservas. Foi cedido ao club italiano AC Ajaccio onde deu un moi bo rendemento o que fixo que á súa volta ao club francés en 1999 fora tomado máis en conta polos técnicos. Ese mesmo ano foi campión da liga francesa.

A mellor tempada de Prso no Monaco foi a 2003-2004, cando se proclamaron subcampións da Liga de Campións, perdendo na final contra o FC Porto. Durante as eliminatorias anotou catro goles na vitoria por 8-3 contra o Deportivo da Coruña.

Selección nacional Participou en dúas grandes competicións coa Selección croata: A Eurocopa de Fútbol 2004 en Portugal e o Mundial de Fútbol Alemaña 2006.

En ámbalas dúas foi titular indiscutible, mais a escuadra non foi quen de supera-la primeira rolda en ningunha ocasión. Na Eurocopa anotou un gol contra a Francia nun disputado empate a dous goles.

Véxase tamén Ligazóns externas Fansite de Dado Prso The Men Who Matter: Dado Prso Na Prensa Francesa O mecánico que se converteu nun dianteiro de clase Perfil en JadranSport.org

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados no condado de Zadar Categoría:Serbios de Croacia Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do HNK Hajduk Split Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do AC Ajaccio Categoría:Xogadores do Rangers FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia