Ivan Leko, nado o 7 de febreiro de 1978 en Split, é un xogador de fútbol croata que actualmente xoga no equipo belga K.F.C. Germinal Beerschot. É centrocampista internacional pola Selección de Croacia.

Traxectoria Iniciou a súa carreira profesional co equipo da súa cidade, o Hajduk Split, xogando alí varias temporadas antes de irse a España para unirse ao Málaga. Logo dunha curta estancia en España, regresou ao Hajduk no 2005 e logo ao Club Brugge K.V. O 15 de xaneiro de 2009 decidiu asinar un contrato polo K.F.C. Germinal Beerschot.

Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do HNK Hajduk Split Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Nados en Split Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia