O 6 de agosto é o 218º día do ano do calendario gregoriano e o 219º nos anos bisestos. Quedan 147 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1538 - na actual Colombia, Gonzalo Jiménez de Quesada funda Santa Fe de Bogotá, actualmente a capital do país. 1825 - Bolivia tórnase independente do Perú e España. 1936 - Asasinados na Volta da Moura (Guillarei) os republicanos do Porriño Víctor Valverde Mayo, José Juan Teijeira Coto e Saturnino Álvarez Sotelino. 1945 - Estados Unidos lanza a primeira bomba atómica contra Hiroxima, no Xapón.

1962 - Xamaica tórnase independente do Reino Unido.

Nacementos miniatura|100px|Andy Warhol 1504 - Matthew Parker, arcebispo de Canterbury. 1775 - Lois XIX de Francia, Rei de Francia (1830). 1809 - Alfred Tennyson, poeta inglés. 1816 - Thomas Russell Crampton, enxeñeiro inglés. 1850 - Patricio Delgado Luaces, militar e escritor galego (m. 1900). 1877 - Salustiano Portela Pazos, clérigo e historiador galego (m. 1976). 1881 - Alexander Fleming, científico británico. 1895 - Ernesto Lecuona, intérprete e compositor de música cubano. 1906 - Alejandro Outeiriño, xornalista galego (m. 1996). 1917 - Robert Mitchum, actor estadounidense (m. 1997). 1928 - Andy Warhol, pintor e director cinematográfico norteamericano (m. 1987). 1963 - Xurxo Borrazás, escritor galego. 1965 - David Robinson, xogador de baloncesto estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Arturo Cuadrado 1936 - Ramón Acín Aquilué, pintor, escultor e xornalista aragonés. 1936 - Manuel del Río Vázquez, sindicalista e político galego. 1938 - Manuel Linares Rivas, político e dramaturgo galego (n. 1867). 1959 - Avelino Barrio López, médico galego (n. 1885). 1969 - Theodor Adorno, filósofo e musicólogo alemán (n. 1903). 1973 - Fulgencio Batista, ditador cubano. 1988 - Francis Ponge, escritor francés (n. 1899). 1990 - Gordon Bunshaft, arquitecto estadounidense. 1991 - Manuel Lema Otero, pintor e inventor galego (n. 1916). 1998 - Arturo Cuadrado, escritor e político galego (n. 1904). 2009 - Antonia Ferrín Moreiras, matemática e astrónoma galega (n. 1914).

Festas e celebracións Día da Independencia de Bolivia

Outros

Os 366 días do ano

06