O 10 de agosto é o 222º día do ano no calendario gregoriano e o 223º nos anos bisestos. Quedan 143 días para finalizar o ano.

Acontecementos 997 - As tropas de Almanzor entran na cidade de Santiago de Compostela, levándose como botín as campás e as portas da catedral. 1557 - na batalla de San Quintín, as tropas de Filipe II, compostas por continxentes españois, flamengos, alemáns e ingleses, derrotan ás francesas de Henrique II. 1920 - O Imperio Otomán foi dividido entre os aliados polo Tratado de Sèvres 1923 - Formalízase a fusión entre o Vigo Sporting Club e o Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao Celta de Vigo. 1929 - Abre ó público o Museo de Pontevedra, no pazo de Castro Monteagudo. 1982 - Aprobouse o estatuto de autonomía das Illas Canarias. 1999 - Proclamouse a independencia da rexión rusa Daguestán.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Basilio Álvarez. miniatura|100px|Jean-François Lyotard 1877 - Basilio Álvarez, líder agrarista galego (m. 1943). 1878 - Alfred Döblin, escritor alemán (m. 1957). 1912 - Jorge Amado, escritor brasileiro (m. 2001). 1912 - Wolfgang Paul, físico alemán (m. 1993). 1916 - Lorenzo Varela, poeta galego (m. 1978). 1920 - Avelino Barrio Pérez, médico e herpetólogo arxentino de orixe galega. (m. 1979) 1924 - Jean-François Lyotard, filósofo francés (m. 1998). 1947 - Ian Anderson, músico escocés. 1949 - Ángel Rodríguez Castedo, alto funcionario galego. 1950 - Esther Koplowitz, empresaria española. 1952 - José Ramón Ripoll, poeta español. 1960 - Antonio Banderas, actor español. 1964 - Aaron Hall, cantante estadounidense. 1969 - Aline Küppenheim, actriz chilena. 1973 - Javier Zanetti, futbolista arxentino.

Mortes miniatura|100px|Waldo Álvarez Insua 1759 - Fernando VI, rei de España. 1849 - Manuel Costa Varela, militar e político galego (n. 1774). 1861 - Nathaniel Lyon, xeneral estadounidense. 1915 - Henry Moseley, físico e químico inglés (n. 1887). 1916 - Nazario Sauro, militar e irredentista italiano. 1923 - Joaquín Sorolla, pintor español. 1936 - Jacobo Zbarsky Kuper, odontólogo e político galego (n. 1914). 1936 - Narciso Vidal Fraga, avogado e político galego (n. 1901). 1936 - Rodrigo Álvarez Pardo, avogado e político galego. 1938 - Waldo Álvarez Insua, escritor e xornalista galego. 1967 - Raimundo Riestra Calderón, empresario e político galego (n. 1882). 2007 - Tony Wilson, empresario musical inglés. 2025 - Manuel Lourenzo, actor e dramaturgo galego (n. 1943).

Festas e celebracións

Outros Santoral: San Lourenzo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Os 366 días do ano

Categoría:Agosto