O 12 de agosto é o 224º día do ano do calendario gregoriano e o 225º nos anos bisestos. Quedan 141 días para finalizar o ano.
Acontecementos
1914 - O Reino Unido declara guerra á Austria-Hungría na primeira guerra mundial 1975 - O militante nacionalista Moncho Reboiras é asasinado a tiros pola policía franquista na cidade de Ferrol. 1975 - Accidente ferroviario entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa. Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. Morreron seis persoas e máis de corenta resultaron feridas"Villagarcía de Arosa: cinco muertos al descarrilar un ferrobús" , La Vanguardia, 13 de agosto de 1975, p. 12.. 2000 - O submarino ruso Kursk afunde no Mar de Barents.
Nacementos 1681 - Vitus Bering, explorador danés. miniatura|Erwin Schrödinger. 1762 - Rei Xurxo IV do Reino Unido (m. 1830) 1866 - Jacinto Benavente, escritor español, Premio Nobel de Literatura (m. 1954) 1887 - Erwin Schrödinger, físico austríaco, Premio Nobel de Física (m. 1961) 1905 - Juana Capdevielle, bibliotecaria e pedagoga (asasinada na 1936) 1907 - Miguel Torga, escritor portugués (m. 1995) 1911 - Cantinflas, comediante mexicano (m. 1993) 1924 - Muhammad Zia-ul-Haq, presidente do Paquistán (m. 1988) 1949 - Fernando Collor de Mello, expresidente do Brasil 1949 - Mark Knopfler, músico británico (Dire Straits) 1952 - Isidro Infante, músico portorriqueño. 1971 - Pete Sampras, tenista
Mortes miniatura|William Blake. 30 a.C. - Cleopatra VII, famosa raíña exipcia, amante de Xulio César e de Marco Antonio. 1827 - William Blake, poeta e pintor inglés (n. 1757). 1902 - Luís Rodríguez Seoane, médico e político galego (n. 1836). 1936 - Manuel Prego Chas, sindicalista galego (n. 1907). 1936 - Juan Antonio Suárez Picallo, galeguista e agrarista sadense (n. 1907). 1955 - Thomas Mann, escritor alemán, Premio Nobel (n. 1875). 1970 - Juan López Suárez, médico e filántropo galego (n. 1884). 1973 - Karl Ziegler, químico alemán, Premio Nobel (n. 1898). 1975 - Moncho Reboiras, militante nacionalista (n. 1950). 1975 - Federico Zamora Mosquera, político e escritor galego (n. 1892). 1979 - Ernst Boris Chain, científico británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1906). 1989 - William Shockley, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1910). 1992 - John Cage, compositor estadounidense (n. 1912). 1996 - Viktor Amazaspovich Ambartsumian, astrónomo armenio. 2004 - Godfrey Hounsfield, enxeñeiro estadounidense, Premio Nobel (n. 1919). 2014 - Lauren Bacall, actriz estadounidense (n. 1924).
Festas e celebracións Día Internacional da Xuventude A resolución de Nacións Unidas foi a 54/120 I e fíxose por recomendación da Conferencia Mundial de Ministros de Asuntos da Xuventude, celebrada en Lisboa do 8 ao 12 de agosto de 1998. Día Internacional do Vinilo Día Mundial do Elefante
Outros Santoral: Santa Beatriz.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Agosto