A selección nacional de fútbol do Brasil é o equipo que representa ao Brasil en campionatos internacionais de fútbol. A Canarinha, como é coñecida popularmente, é o equipo máis laureado a nivel mundial tras acadar a vitoria en cinco Copas do Mundo. É ademais a única selección que participou en tódalas edicións do torneo. A selección está rexida pola Confederación Brasileira de Fútbol, afiliada á CONMEBOL.
O Brasil gañou o seu primeiro Mundial na edición de 1958 en Suecia, onde xa destacaba un mozo Pelé que marcou dous goles na final. O encontro rematou 5-2. Catro anos despois, no Mundial de 1962 en Chile volveron repetir éxito. O terceiro campionato lográrono en 1970, en México. Brasil presentou o que posiblemente sexa o mellor equipo de tódolos tempos, con estrelas coma Pelé, Tostão, Gérson, Jairzinho ou Rivellino. Gañaron cantos encontros disputaron nese torneo. Ademais quedaron co trofeo en propiedade ó se-los primeiros en gañar por tres veces a copa.
Pasaron 24 anos ata que o equipo brasileiro puido celebrar un novo título planetario, gañando o Mundial de 1994, nos Estados Unidos, despois de derrotar na final á selección italiana. O marcador ó final do partido foi de 0-0 polo que o torneo decidiuse por primeira vez na quenda de penaltis. Despois de acabar como segundo no Mundial de 1998 a selección brasileira gañou o seu quinto campionato no Mundial de 2002 no Xapón e Corea do Sur. A final xogouse entre as dúas seleccións máis laureadas da historia do fútbol, e o Brasil, gañando o equipo suramericano grazas a dous goles de Ronaldo.
Historia Comezos esquerda|miniatura|A selección en 1930, ano no que se xogou o primeiro mundial. A selección brasileira foi formada por primeira vez o 20 de agosto de 1914. Xogou o seu primeiro partido contra o Exeter City inglés, no campo do Fluminense, o 27 de xullo daquel ano. O partido rematou con vitoria para os brasileiros por 2 a 0, sendo o primeiro gol marcado por Oswaldo Gomes, do Fluminense. Con todo, o equipo aínda xogou máis partidos aquel ano, en dous contra a selección da Arxentina, un amigable o 20 de setembro e outro oficial valendo a Copa Roca o 27 de setembro. Esta competición visaba aproximar máis a estes dous países, en que acabou vencendo por 1 a 0 en Buenos Aires (gol de Rubens Salles) consagrándose campioa do torneo, sendo ese o primeiro de varios títulos conquistados pola selección Canarinha.
O primeiro título relevante conquistado pola selección brasileira foi o Campionato Suramericano de 1919, actual Copa América, con Friedenreich marcando o gol do título sobre o , no Estadio das Laranjeiras construído polo Fluminense para esta ocasión, xa que o goberno brasileiro non tiña o diñeiro para financiar este evento internacional. En 1922, o Fluminense ampliou o seu estadio e a selección brasileira repetiu o seu triunfo no Campionato Suramericano.
O Brasil é a única nación que se ten clasificado para tódalas edicións da Copa do Mundo. Con todo, as participacións iniciais do país estiveron lonxe de seren exitosas. Iso debese á disputa interna do fútbol brasileiro sobre o profesionalismo, o que fixo que a Confederación Brasileira de Fútbol fose incapaz de convocar equipos cos mellores xogadores. En particular, as disputas entre as federacións estatais de São Paulo e do Río de Xaneiro (as dúas máis importantes da época) significaban que a selección estaría composta por xogadores vidos dunha soa desas federacións. Tanto no Mundial de 1930, cando Preguinho marcou o primeiro gol da historia da selección brasileira na Copa do Mundo, na estrea contra , en que o Brasil perdeu por 2 a 1, como na de 1934, o Brasil foi eliminado pronto na primeira fase. A situación cambiou a partir do Mundial de 1938, no que o Brasil terminou nun bo terceiro lugar, con Leônidas da Silva facendo historia e sendo o primeiro xogador a marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo.
O Brasil acolleu a Copa do Mundo de 1950, a primeira edición despois da segunda guerra mundial, e a primeira celebrada no Brasil. O torneo de 1950 foi único por non ter unha única final, mais ao contrario diso, unha final cuadrangular; con todo, o partido decisivo entre o Brasil e o Uruguai serviu como "final" do torneo. O partido foi xogado no estadio de Maracanã no Río de Xaneiro (entón capital do país), cunha asistencia en torno aos 200.000 espectadores, e o Brasil só precisaba dun empate para ser campión. Friaça abriu o marcador para os brasileiros, pero os uruguaios acabaron remontando con goles de Schiaffino e Ghiggia. O partido foi coñecido dende entón como o Maracanazo e o 16 de xullo de 1950 pasou á historia como o día máis triste da historia do fútbol brasileiro.
Ata aquel entón a selección brasileira xogaba de branco, pero trala derrota realizouse un concurso para escoller un novo uniforme para o equipo, sendo escollidos o amarelo como cor da camiseta, o azul como cor do calzón e o branco coma cor das medias. O concurso, promovido polo xornal Correio da Manhã, do Río de Xaneiro, foi gañado polo profesor, xornalista gaucho e, ironicamente, seareiro do Uruguai, Aldyr Garcia Schlee. Para a Copa do Mundo de 1954, en Suíza, o equipo brasileiro estaba completamente renovado, para que a derrota do Maracanã puidese ser esquecida, mais aínda tiña un bo grupo de xogadores, incluíndo Nilton Santos, Djalma Santos, Julinho e Didi. O Brasil chegou aos cuartos de final, onde caeu derrotado ante a selección favorita, , nun dos partidos máis violentos da historia dos Mundiais, que pasou á historia como a Batalla de Berna.
Idade de Ouro: Pelé e Garrincha
O técnico do Brasil, Vicente Feola, impuxo regras estritas para o equipo para a Copa do Mundo de 1958, en Suecia. Os xogadores recibiron unha lista de corenta cousas prohibidas, incluíndo usar chapeu ou paraugas, fumar mentres vestían uniforme oficial e conversar coa prensa fóra dos locais designados. Foi o único equipo que levou un psicólogo (por mor da lembranza de 1950, que aínda afectaba algúns xogadores) ou un dentista (xa que, por causa das súas orixes humildes, moitos xogadores tiñan problemas dentais, o que causaba infeccións e tiñan tamén un impacto negativo nos partidos). Ademais mandaron un representante a Europa para asistir aos partidos eliminatorios un ano antes do comezo do torneo.
Unha vez comezado o mundial, o Brasil caeu no grupo máis difícil, con , a e . No primeiro encontro Brasil bateu a Austria por 3 a 0, e despois empatou 0 a 0 con Inglaterra. Os brasileiros estaban preocupados co seu partido fronte os soviéticos, que tiñan un físico excepcional e eran un dos favoritos a gañar o torneo; a súa estratexia era arriscar no comezo do xogo para tentar marcar un gol pronto no inicio. Antes do partido, os líderes do equipo, Bellini, Nílton Santos e Didi, falaron co técnico e persuadírono para facer tres substitucións que serían cruciais para gañar aos soviéticos e a Copa: Zito, Garrincha e Pelé comezarían o xogo contra a Unión Soviética. No asubío inicial, pasaron a bóla a Garrincha que pasou por tres xogadores antes de acertar a trabe cun xute. O equipo brasileiro mantivo a presión sen descanso, e tras tres minutos, que máis tarde serían chamados de "os tres minutos máis grandiosos da historia do fútbol", Vavá deu ao Brasil o primeiro gol. Finalmente o partido rematou con vitoria por 2 a 0, tras un segundo gol de Vavá.
Pelé marcou o único gol do partido de cuartos de final contra , e posteriormente bateron a por 5 a 2 nas semifinais. Xa na final, Brasil venceu aos anfitrións, , por 5 a 2, gañando a súa primeira Copa do Mundo e converténdose a primeira selección en gañar un título de Copa do Mundo fóra de seu propio continente. Repetiu o feito en 2002, ao triunfar na Asia, sumando títulos en tres continentes. Despois do Brasil só e Alemaña conseguiron un título mundial fóra do propio continente. miniatura|esquerda|Selección Brasileira no Campionato Suramericano de 1959. Na Copa do Mundo de 1962, o Brasil conseguiu o seu segundo título, nun campionato que trala lesión de Pelé, tivo a Garrincha como a grande estrela, facendo goles de cabeza e tamén coa súa perna esquerda, e xogando con febre a final. Na Copa do Mundo de 1966, a preparación do equipo estivo afectada por mor de influencias políticas. Tódolos grandes clubs do fútbol brasileiro querían aos seus xogadores incluídos no equipo brasileiro para darlles maior exposición. Durante os meses finais da preparación, o técnico Vicente Feola estaba traballando con 46 xogadores, dos cales só 22 irían a Inglaterra; iso causou moitas disputas internas e presión psicolóxica. O resultado foi que, en 1966, o Brasil tivo unha das súas peores actuacións de tódalas Copas do Mundo. Alén diso, a derrota contra Hungría supuxo a única derrota de Garrincha coa camisa da selección.
Antes da Copa do Mundo de 1970, o 3 de setembro de 1969, a selección disputou un partido amigable contra o Atlético Mineiro e a futura selección campioa foi derrotada por 2-1. Despois do ocorrido, foron prohibidos os partidos amigábeis de equipos brasileiros coa selección. O Brasil gañou súa terceira Copa do Mundo na Copa do Mundo de 1970 en México. Naquela ocasión, colocou en campo o que foi considerado, segundo unha pescuda global con especialistas, realizada pola revista inglesa World Soccer, o mellor equipo de fútbol de tódolos tempos con Pelé, na súa última edición de Copa do Mundo, Carlos Alberto Torres, Jairzinho, Tostão, Gérson, Piazza, Clodoaldo e Rivellino. Tras gañar a Copa Jules Rimet por terceira vez, o Brasil quedou con ela en propiedade. Porén, foi roubada e fundida anos máis tarde. En 1984 relizouse unha réplica totalmente confeccionada a partir dos seus moldes orixinais. Despois desa conquista, a selección pasou 24 anos sen conquistar unha Copa do Mundo. Nese período alcanzou unha nova final, no Mundial de 1982 cunha selección que contaba con xogadores como Zico, Sócrates, Falcão e Júnior, sendo considerada por moitos unha das mellores seleccións da historia dos mundiais.
Pentacampións
En 1994, a selección brasileira non estaba considerada como unha das favoritas. Un ano antes, nas eliminatorias, clasificarase no último momento grazas á axuda de Romário, que foi até alcumado San Romário. Xa na Copa disputada nos Estados Unidos, o equipo de Carlos Alberto Parreira estaba considerado como demasiado defensivo, o que contrariaba o estilo tradicional do fútbol brasileiro. No decorrer da competición, mentres, o Brasil foi superando barreiras e clasificándose para as seguintes fases. Foi o primeiro do seu grupo na primeira fase, despois de vencer ó e a e empatar con . Nos oitavos de final, eliminou a selección dos Estados Unidos en pleno día 4 de xullo. Nos cuartos de final, nun partido emocionante, eliminou os e, nas semifinais, volveuse a atopar con , despachando finalmente á selección escandinava. Na final, derrotou a na quenda de penaltis, tras un empate sen goles despois do tempo normal e a prórroga. Pasou así a ser a primeira selección en conquistar catro Copas do Mundo e a primeira en conquistar o título a grazas a unha rolda de penaltis.
Entre 1998 e 2002 a selección tivo até catro técnicos diferentes (Luxemburgo, Candinho, Émerson Leão e Scolari) e volveu ter problemas para clasificarse para un Mundial. Outra vez a Seleção non era vista como favorita e, outra vez, acabou sorprendendo. Para a Copa do Mundo de 2002, Scolari convocou a Ronaldo, o que xerou moitas dúbidas, pois levaba dous anos parado por unha lesión. Porén, o dianteiro tivo grandes actuacións e contribuíu a que a canarinha eliminase sucesivamente as seleccións de Bélxica, Inglaterra, Turquía e Alemaña, esta última na final. Ronaldo foi o máximo goleador do torneo, con oito goles, dous deles na final na que o Brasil conquistou o seu quinto título.
Presente miniatura|Kaká