O 13 de maio é o 133º día do ano do calendario gregoriano e o 134º nos anos bisestos. Quedan 232 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1568 - Derrota de María I de Escocia na Batalla de Langside 1830 - Ecuador independizase da Gran Colombia. 1839 - Comezan disturbios en Gales que durarán ata 1843. 1888 - Abolida a escravitude no Brasil 1917 – Tres cativos informan da primeira aparición da Nosa Señora de Fátima en Fátima, Portugal. 1943 - O Afrika Korps de Alemaña rendese ós Aliados 1981 - Atentado contra o Papa Xoán Paulo II na praza de San Pedro, no Vaticano, cometido polo turco Mehmet Ali Ağca.
Nacementos miniatura|100px|Alphonse Daudet. miniatura|100px|Daphne du Maurier. miniatura|100px|Uxía Casal.
947 - Ce Ácatl Topiltzin Quetzalcóatl, gobernante azteca. 1655 - Inocencio XIII, papa. 1699 - Marqués de Pombal, primeiro ministro de Portugal. 1717 - María Tareixa I de Austria, Arquiduquesa de Austria e raíña de Hungría-Bohemia. 1753 - Lazare Carnot, matemático e político francés. 1767 - Xoán VI, rei de Portugal. 1792 - Pío IX, papa. 1840 - Alphonse Daudet, escritor de Francia. 1842 - Arthur Sullivan, compositor inglés. 1857 - Ronald Ross, matemático e zoólogo escocés. 1875 - Nan de Allariz, escritor galego. 1882 - Georges Braque, pintor francés 1889 - Ramón Fernández Mato, escritor galego. 1907 - Daphne du Maurier, escritora inglesa. 1914 - Antonia Ferrín Moreiras, matemática e astrónoma galega (m. 2009). 1923 - Rafael Landín Carrasco, avogado, xornalista e político galego (m. 2005). 1928 - Enrique Bolaños Geyer, presidente de Nicaragua. 1938 - Charles Edouard Guillaume, físico suízo. 1939 - Harvey Keitel, actor estadounidense. 1941 - Xosé Manuel Casabella López, arquitecto galego. 1949 - Xavier Senín, tradutor galego. 1955 - Carlos Souto, publicitario arxentino. 1957 - Uxía Casal, escritora galega. 1986 - Robert Pattinson, actor inglés.
Mortes miniatura|100px|Fridtjof Nansen. 1835 - John Nash, arquitecto inglés. 1902 - Ramón Parada Justel, pintor galego. 1906 - Xoán Cuveiro Piñol, lingüista e escritor galego (n. 1821). 1910 - Eduardo Pardo Gómez, xornalista e escritor galego. 1913 - José de la Hermida, escritor e político galego. 1930 - Fridtjof Nansen, explorador, científico e diplomático noruegués (n. 1861). 1938 - Consuelo Alonso González, militante comunista galega (fusilada). 1938 - Segundo Abal Padín, mestre e político galego (fusilado). 1938 - Charles Edouard Guillaume, físico suízo (n. 1861).
1956 - Alexander Alexandrovich Fadeyev, escritor soviético (n. 1901). 1960 - Germán Vidal Barreiro, avogado e político galego (n. 1892). 1961 - Gary Cooper, actor estadounidense. 1985 - Alberto Vilanova, ensaísta e profesor galego. 1988 - Chet Baker músico de jazz estadounidense. 2007 - Ramón Caamaño, fotógrafo galego.
Festas e celebracións Nosa Señora de Fátima Día do Meniño Hospitalizado Día Mundial do Adestrador de FútbolCelébrase en memoria do escocés Alexander Chapman Ferguson, considerado o adestrador con máis títulos na historia do fútbol que, nesta data do 13 de maio de 2013, celebrou o seu último partido (La Voz de Galicia, 14.05.2025).
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio